Novas

CREACIÓN DUN ESPAZO ARBÓREO AUTÓCTONO. PRIMEIROS PASOS

O venres 5 de novembro levouse a cabo a primeira fase do proxecto que se vai desenvolver durante este curso, incluído no programa Voz Natura
Os primeiros labores realizados foron o acondicionamento do terreo e a colocación do invernadoiro no que se instalará un pequeno horto ecolóxico, e que se usará, ademais,  para a sementeira das árbores autóctonas coas que se vai facer unha experiencia de repoboación dun bosque da comarca.
O Departamento de Bioloxía, encargado de coordinar estes traballos, fará unha estratificación de diferentes sementes recollidas por alumnado e profesorado interesado en colaborar co proxecto.
En breve disporemos tamén dun pequeno composteiro para residuos orgánicos domésticos.

COÑECE O ESPAZO ABALAR

O vindeiro martes 25 de outubro ás 20:00 h. terá lugar na aula de usos múltiples do IES de Brión a charla divulgativa "Coñece o  espazo Abalar”, dirixida as familias do alumnado que está cursando 1º ESO e 2º ESO. A charla correrá a cargo de  Fernando Pizarro.
Esta iniciativa, desenvolvida pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia (CPEIG), ten como obxectivo dar a coñecer ás familias do alumnado dos centros públicos da Rede Abalar, da que este IES forma parte, as funcionalidades do portal espazo Abalar e o seu uso, tanto na comunicación en liña entre o centro e as familias, como na obtención de información sobre a evolución académica do alumnado.

APROBA TODO O ALUMNADO QUE SE PRESENTOU Á PAU EN SETEMBRO

Aprobou o 100% do alumnado de 2º de Bacharelato do IES de Brión que se presentou este mes de setembro á Proba de Acceso á Universidade.


Parabéns.

COMEZO DO CURSO 2011-12

Día 16 de setembro ás 12:00 h. presentación de 1º ESO e 2º ESO.

Día 19 de setembro ás 11:00 h. presentación de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato.

Día 20 de setembro ás 08:25 h. comezo das clases en horario ordinario (de luns a venres de 08:25 a 14:05 e os martes pola tarde de 16:15 a 17:55).

EXCELENCIA ACADÉMICA

A USC recoñeceu os froitos do traballo da alumna deste centro Mónica Garrido Lavandeira outorgándolle o premio á excelencia académica, logo de realizar con inmellorables resultados a Proba de Acceso á Universidade.

A TOTALIDADE DO ALUMNADO QUE SE PRESENTOU Á PAU SUPERA A PROBA

Aprobou o 100% do alumnado de 2º de Bacharelato do IES de Brión que se presentou este mes de xuño á Proba de Acceso á Universidade.

Parabéns ao alumnado, e parabéns tamén a todos os que confiamos en poder seguir adiante cun proxecto educativo de calidade no concello de Brión.

O IES DE BRIÓN PARTICIPA EN "TECNOLOXÍA NA RÚA"

O IES de Brión participou na VI mostra de proxectos "Tecnoloxía na rúa" organizada por Apetega, presentando o venres 10 de xuño na Praza do Toural traballos de 2º ESO e 1º de Bacharelato.

O alumnado de bacharelato implicado no proxecto do invernadoiro xeodésico explicou repetidamente a quenes se interesaron pola proposta diferentes aspectos da mesma. Queremos recoñecer públicamente neste foro o seu compromiso e esforzo nas diferentes etapas deste traballo.

Accede ás novas sobre o evento publicadas na prensa nas seguintes ligazóns:

"Los genios están en las aulas" , en La voz de galicia

"Los inventos de los alumnos de Santiago y comarca", en El correo gallego

No seguinte vídeo de Correo TV ( a partir do minuto 13:04) podes ver información sobre a nova emitida en Correo TV o día 10 de xuño.

Quenes estén interesados en máis información sobre o proxecto poden consultala na páxina aulasnarede.espazoweb.com/invernadoiro.

VI Mostra A Tecnoloxía no Toural

Preme nas seguintes ligazóns para ver vídeos da Mostra: Mostra de proxectos 1    Mostra de proxectos 2

O ALUMNADO DO CEIP DE PEDROUZOS VISITA A EXPOSICIÓN SOBRE OS BOSQUES

O alumnado do CEIP de Pedrouzos está visitando estes días a exposición sobre os bosques no IES de Brión.

Esta exposición recolle traballos do alumnado de primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato.

O alumnado implicado na construción do invernadoiro xeodésico exposto explicou ao alumnado de primaria diferentes cuestións relativas ao traballo e mesmo dirixiu unha serie de actividades deseñadas para a ocasión.

O alumnado do CEIP voltará de novo ao IES para seguir traballando coa exposición e para coñecer a nosa plantación de árbores autóctonas.

OS BOSQUES.

O martes 12 celebrouse no IES de Brión unha mesa redonda sobre os bosques. O alumnado e demais público asistente puido disfrutar das magníficas intervencións dos relatores, así como dun pequeno coloquio posterior.



Queremos agradecer unha vez máis aos ponentes, e por suposto ao público, ter participado neste encontro no que, a través de tres sendas diferentes, fumos quen de achegarnos un pouco máis aos nosos bosques.


Escoita as intervencións:


Adolfo Cordero


Eduardo Rico


Constantino Canosa


Preguntas


Recordamos que este acto tivo lugar dentro das xornadas anuais, desta volta adicadas aos bosques, que se veñen desenvolvendo no IES esta semana. No mesmo contexto presentamos xunto ao CEIP de Pedrouzos unha exposición de traballos realizados en aula ao redor dos bosques.


Dentro das xornadas están tamén enmarcadas diferentes actividades, como unha visita a Finsa (alumnado de 2º PDC e Tecnoloxía Industrial I), sendeirismo polas Fragas do Eume (alumnado de 3º ESO), ou unha charla sobre as mamoas de Rañalonga a cargo do profesor Federico Silva.


INVERNADOIRO XEODÉSICO

Os departamentos de Tecnoloxía e Debuxo veñen de presentar o traballo realizado polo alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I: o deseño e construción dun prototipo de invernadoiro baseado nunha estructura de cúpula xeodésica. Este é o seu segundo proxecto de colaboración interdepartamental logo de que o ano pasado o alumnado destas materias resolvese o deseño e construcción dunha cociña solar de reflector parabólico.

Durante o periodo de exposición a estructura de madeira irase recubrindo con plástico, e finalmente será instalado no exterior do centro para que poida ser usado polo Departamento de CCNN, Bioloxía e Xeoloxía.

Visita a web do proxecto

O invernadoiro en "Tecnoloxía na rúa"

Accede a un documento con información sobre o seu deseño.

 

Distribuir contido