Novas

CAMPAÑA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

Preme na imaxe

NOVO HORARIO

O centro solicitou e foi concedida a ampliación do horario escolar para poder contar con dous recreos.

O luns 21 e martes 22 de setembro seguirá vixente o horario que tivemos os cursos pasados de 8:45 a 14:05

O vindeiro mércores 23 de setembro farase efectivo o novo horario 8:25 a 14:05, as tardes do martes seguirán de 16:15 a 17:55.

GRIPE A

En cumplimento do especificado no protocolo de actuación frente a gripe A, no IES de Brión estanse a tomar as seguintes medidas.

1_ Nomeouse como responsable do centro para o control e seguimento da GRIPE A ao Director.

2_ O profesorado titor dos diferentes grupos controlará directamente ou a través das informacións facilitadas polo profesorado das primeiras sesións de clase as faltas do alumnado, e llas comunicará ao Director que a súa vez as porá en coñecemento das autoridades educativas a través dunha aplicación informática en canto esta esté dispoñible. Entre tanto esta aplicación non esté en funcionamento a dirección do centro porá en coñecemento das autoridades educativas o absentismo escolar cando este se aproxime aos niveis considerados de risco, chamando aos teléfonos de referencia para que sexan as autoridades sanitarias as que tomen as medidas oportunas.

3_ No caso de que algún alumno/a presente sintomas de padecer a gripe A, aillarase preventivamente e se chamará á familia e ao 061.

4_A dirección do centro solicitará á comunidade educativa e ao persoal do centro, especialmente ao de limpeza e cafetería, e as empresas de transporte a máxima colaboración no cumprimento do protocolo.

5_ A dirección do centro facilitará acceso á información ofrecida polas autoridades sanitarias e educativas nos puntos de información do centro e nesta páxina web.

Información xeral da gripe A

Protocolo de actuación

Páxina do SERGAS específica sobre a gripe A

INFORMACIÓN SOBRE BECAS PARA ESTUDAR BACHARELATO

Para acceder á información sobre becas para estudar bacharelato preme en BECAS.

O prazo de presentación é do 21 de Xuño ao 30 de Setembro do 2009

PRESENTACIÓN DO CURSO 2009/10 PARA 3º, 4º DE ESO E 1º, 2º DE BACHARELATO

18/09/2009 11:00
18/09/2009 11:30

A presentación do curso 2009/10 para 3º, 4º ( 2º ciclo) da ESO e 1º e 2º de Bacharelato  é o 18 de Setembro ás 11:00 horas.

 

PRESENTACIÓN DO CURSO 2009/10 PARA 1º E 2º DE ESO

17/09/2009 12:00
17/09/2009 12:30

A presentación do curso 2009/10 para o alumnado de 1º ciclo ( 1º e 2º) da ESO é o día 17 de Setembro ás 12:00 horas.

8.102

O/a posuidor/a do número 8.102 resultou gañador/a dunha consola Wii + Wii Sports + taboa de exercicios sorteado polo alumnado de 4º de ESO coa finalidade de sufragar parte dos gastos da saía educativa fin de etapa.

O premio poderase recoller no IES en horario lectivo ata o día 26 de xuño.

NÚMERO PREMIADO NO SORTEO DA WII

O número 1.386 resultou premiado no sorteo dunha Wii, celebrado o luns 10 de maio de 2010 e organizado para axudar a sufragar os gastos da saída fin de etapa do alumnado de 4º de ESO.

Ligazóns relacionadas coas TIC´s na educación

Redetic. Portal da rede centros TIC de Galicia

Blog con propostas de aplicacións, software moi diverso aplicables á educación

Blog do profesor Pedro Cuesta sobre Tecnologías da Información e  das Comunicacións na Educación. Aplicacións educativas da Web 2.0

As TIC´s na educación. Blog con reflexións, opinión, historias, etc. sobre a súa incorporación ao proceso educativo

Ágora rede. Comunidade de profesores blogueiros pola innovación e a mellora da práctica docente

Dinamización dun centro TIC

Recursos educativos para o blog.

Encerado dixital interactivo de Galicia

SUSPENDIDAS AS CLASES DO LUNS 9 DE FEBREIRO POR FORTES VENTOS

A Consellería de Educación e O. U. suspende a actividade educativa no ensino non universitario de Galicia durante a xornada do luns día 9 de febreiro.

Ver nota oficial.

Ler a nova en Novas da Xunta de Galicia.

Meteogalicia.

Windguru.

Distribuir contido