Novas

CHARLA SOBRE USO E RISCOS DE INTERNET

27/04/2010 19:30
27/04/2010 20:30

O Martes, 27 de Abril ás 19:30 terá lugar a charla: "Usos e riscos de Internet" do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar, para as nais e pais de alumnos/as do centro.

CHARLA SOBRE O USO DE INTERNET

20/04/2010 00:15
21/04/2010 11:15

O instituto organiza unhas charlas sobre o uso e riscos de Internet dentro do Plan Director de convivencia e mellora da seguridade escolar da Comandancia da Garda Civil de A Coruña.

A actividade está organizada para todo o alumnado na aula de usos múltiples co seguinte horario:

DÍA 

 HORA

 SESIÓN

CURSOS 

GRUPOS 

 Martes, 20 de Abril  9:15 a 10:10  2ª  2º ESO  A,B,C
 Martes, 20 de Abril  10:25 a 11:15  3ª  3º ESO  A, B, C, PDC
 Martes, 20 de Abril  11:15 a 12:10  4ª  4º ESO  A, B, PDC
 Mércores, 21 de Abril  9:15 a 10:10  2ª  1º ESO  A,B,C
 Mércores, 21 de Abril  10:25 a 11:15  3ª  1º e 2º BACH  BACHARELATO

O Martes, 27 de Abril ás 19:30 terá lugar a charla: "Usos e riscos de Internet" para as nais e pais de alumnos/as do centro

PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

Acceso á páxina principal da CiUG

Estructura da proba, horario das diferentes fases e exercicios da proba e sistema de cualificación.

Orde do 16 de decembro de 2009 pola que se regula, para o ano académico 2009-2010, a proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia para o alumnado que estea en posesión do título de bacharel ou equivalente.

Orde do 11 de febreiro de 2010 pola que se modifica a do 16 de decembro de 2009, que regula, para o ano académico 2009-2010, a proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia para o alumnado que estea en posesión do título de bacharel ou equivalente.

Calendario das probas de acceso a universidade (PAU). Matrícula, días das probas, reclamacións, etc.

Resumo dos aspectos máis salientabeis da proba.

Esquema dos aspectos máis salientabeis da proba.

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA 2010

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días (do 8 ao 17 de abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
Poderase presentar a documentación por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Para axilizar o procedemento, recoméndase o seu envío por correo, para o que será necesario levar a documentación e a instancia en sobre aberto co fin de que o funcionario/a de Correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa certificación postal.

 

Para acceder ás listaxes entra na páxina: https://www.edu.xunta.es/axudasle/

FOLGA DO DÍA 21 DE XANEIRO

O 21 de xaneiro toda a comunidade educativa do ensino non universitario de Galicia está chamada a secundar unha folga contra o decreto que regulará o uso das linguas no ensino.

Consecuentemente informamos que, en previsión dun seguimento masivo da mesma, o desenvolvemento das actividades lectivas dese día non será o ordinario.

Asimesmo informamos que o centro estará aberto, e que en cumprimento do disposto na Orde do 13 de xaneiro de 2010 (DOG nº 11), os servizos mínimos estarán compostos polo director, a conserxe e o auxiliar administrativo.

PRONUNCIAMENTO DO ENDL SOBRE O DECRETO DO GALEGO

O Equipo de Normalización e Dinaminación Lingüística do IES de Brión reunido os días 15 e 19 de xaneiro para analizar e valorar o borrador do decreto sobre o uso das linguas nos centros educativos resolveu pronunciarse en contra do mesmo.

O novo decreto non garante a necesaria protección da lingua galega, non aporta ningunha melloría, crea moitos problemas e ofrece moitas inseguridades na súa aplicación: escolla de linguas por materia, obrigatoriedade de materias en inglés (aquí xa temos a ocasión de escoller materias en inglés)...

O ENDL valora que o actual decreto do galego (124/2007) garante un mínimo de protección do uso da lingua galega no ensino e non ten coñecemento de problemas coa súa aplicación neste centro; polo que vemos necesaria a súa continuidade.

BORRADOR DO DECRETO PARA REGULAMENTAR O USO DAS LINGUAS NO ENSINO NON UNIVERSITARIO GALEGO

Accede ao borrador.

Accede a abundante información actualizada sobre o tema no Taboleiro da Lingua.

SUSPÉNDENSE AS CLASES O MÉRCORES 16 DE DECEMBRO

A consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.

Segundo información facilitada pola Consellería a este centro esta medida adoptase en base á predición dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Comunidade Autonoma  de Galicia en cotas baixas a partir das 00:00 horas do mércores 16 de decembro.

CAMPAÑA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

Preme na imaxe

Distribuir contido