Novas

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO EN 2º DE ESO

O martes, 28 e mércores 29 de Maio terán lugar as probas de avaliación de diagnóstico  (avaldia) das competencias lingüística, matemática, e a competecia no coñecemento e interacción co medio físico para o alumnado de 2º de ESO. As probas terán lugar durante as 4 primeiras sesións da mañán deixando espazo de lecer entre elas.

ENTREGA DE DIPLOMAS JUVENES TRANSLATORES

 

O pasado venres 24 de maio fíxoselle entrega dos correspondentes certificados ao alumnado de 2º de bacharelato que participou no concurso de tradución Juvenes Translatores organizado pola Comisión Europea.

ALUMNA PREMIADA NO CONCURSO XÓVENES TALENTOS

A alumna Xulia Sánchez Rodríguez de 2º ESO A resultou gañadora na Fase Provincial do Concurso "Xóvenes Talentos. Premio de Relato Curto" de Coca-Cola.

ISABEL DEL RIO E O CAMIÑO DE SANTIAGO

Os alumnos de 2º ESO A que cursan Relixión fixeron un traballo sobre o Camiño de Santiago e como culminación entrevistaron a Isabel del Rio, conserxe do IES de Brión, que lles contou moitas anécdotas sobre as diferentes ocasións nas que fixo o Camiño.

Accede ao audio da entrevista

I ENCONTRO DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA

Os días 23 e 24 de Maio unha representación de profesores e alumnos do IES de Brión participaron no I Encontro de centros para unha convivencia positiva, organizado polo IES Xulián Magariños de Negreira e o IES Fin do Camiño de Fisterra

Para consultar información sobre o I encontro de centros para unha convivencia positiva nos medios de comunicación,  preme nas seguintes ligazóns:

ALUMNA PREMIADA NO X CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE AMES

Ana Souto Villanustre, alumna de 2º de Bacharelato do IES de Brión, obtivo o 3º premio no X Certame Literario do Concello de Ames, na modalidade de poesía, e categoría de 14 a 17 anos coa poesía Cárcere dos pesadelos”. No certame presentáronse un total de 154 obras procedentes de toda Galicia e a entrega de premios tivo lugar o nun acto literario-musical conmemorativo do día das Letras Galegas o xoves, 16 de Maio na Casa da Cultura do Milladoiro.

Accede ás novas sobre os premiados no Certame: el correo gallego, concello de ames

Accede ás novas sobre o o acto de entrega dos premios: el correo gallego, concello de ames

Parabéns.

AXUDA AO POBO SAHARAUI


Dende o IES de Brión queremos colaborar coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui na recollida de roupa e calzado usado. Esta roupa e calzado serán entregados a esta asociación para a súa venda e posterior reciclaxe. Os cartos que se obteñan serán destinados ao pobo Saharaui.

A campaña durará ata o 31 de maio. O horario de recollida será de 08:25 a 14:05 h. e os martes tamén de 16:15 a 17:55 h. A entrega realizarase no IES de Brión, sito no Paseo de Pedrouzos nº 3, ao lado do centro de saúde.

A roupa debe vir en bolsas pechadas e da igual o seu estado de conservación dado que é para a venda ao peso destinada ao reciclaxe, e con isto conseguir os cartos destinados a axudar ao pobo Saharaui que nestes momentos vive unha situación de extrema dificultade.

Grazas a todos pola colaboración.

Con moitos pequenos xestos podemos facer moito.

ESTUDAR LONXE DA CASA

Ana Souto Villanustre, alumna de 2º de bacharelato escribiu o seguinte texto ao fío da nova "É irónico que teña que vir a EEUU estudar as literaturas da miña casa"  publicada en "El correo Gallego".

Sabela Pena, veciña de Ons e antiga alumna do centro, cruzou o gran charco para mergullarse nunha nova aventura nos Estados Unidos. Esta moza brionesa, licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC, está traballando como profesora na Universidade de Bouler, actividade que compaxina coa elaboración da súa tese. A falta de opotunidades en España impulsouna a buscar alternativas e aceptou a oferta da gran potencia americana, aínda que sente a morriña da terra. Aqueles que ao igual que Sabela pasamos unha temporada fóra da casa, sabemos moi ben o que se sente. Viaxar, vivir novas experiencias, coñecer outros paises e facer amigos resulta algo tentador, pero a terra sempre se leva no corazón e o feito de estar fóra, ao mesmo tempo, tamen fai que un valore máis o que deixou atrás.

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co apoio de Obra Social “La Caixa”, pon en marcha Campus científicos de verán que ofrece a oportunidade de contactar coa labor investigadora nun ambiente universitario e multicultural, que  axudará a definir a proxección futura de estudos e poder disfrutar de actividades complementarias científico-culturales e de ocio ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato entre os días 30 de xuño e 27 de xulio de 2013.

As solicitudes deberán presentarse ata as 14:00 horas do día 25 de marzo.

Os interesados en participar en CCV 2013 deberán presentar a súa candidatura a través da web http://www.campuscientificos.es/ e deberán realizar as siguintes fases: Fase 1. Cumprimentar o formulario de solicitude.  Fase 2. Adxuntar a documentación requerida. Fase 3. Realizar unha proba de coñecementos on line.

Para a selección de candidatos os criterios son:

  • Alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
  • Alto rendimento escolar no curso académico 2011-2012 (nota media igual o superior a 7,50). Máximo 70 puntos.

  • Proba de coñementos on line (nota media igual ou superior a 5). Máximo 30 puntos.

Animamos ao alumnado a participar nesta interesante proposta, asesorando ante calquera dúbida.

D3 MOBILE METROLOGY LEAGUE

Alumnado de 4º ESO nas materias de Tecnoloxía, Informática e Educación Plástica e Visual desenvolven un pequeno proxecto de modelado de obxectos virtuais con técnicas fotogramétricas no contexto da d3mobile Metrology League promovida polo Grupo de Investigación da USC USCAN3D entre o alumnado de 4º ESO e bacharelato de todo o estado.   
 
Distribuir contido