Novas

CONCURSO FOTOGRÁFICO "OS BOSQUES".

O CEIP de Pedrouzos e o IES de Brión convocan un certame fotográfico ao redor dos bosques.


Bases do certame.

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO 2011

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011. O prazo das solicitudes remata o 11 de Abril.


Para máis información preme nas seguintes ligazóns:




PREMIO NA II OLIMPIADA DE XEOLOXÍA

O alumno de 1º de Bacharelato René Horta Cadenas foi premiado cun accésit na II Olimpiada de Xeoloxía celebrada no IES Rosalía de Castro o pasado 22 de Febreiro. Parabéns para o premiado e o resto de participantes de 1º e 2º de Bacharelato.

BLOG DE CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORANEO

Información, comentarios, debate.. e sobre todo moita ciencia.


PARTICIPACIÓN NA OLIMPIADA DE XEOLOXÍA

22/02/2011 14:00
22/02/2011 18:30

Alumnado de Bacharelato do Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias da Terra participa nas probas da II Olimpiada de Xeoloxía que terá lugar o vindeiro 22 de Febreiro no IES Rosalía de Castro

ELECCIÓNS PARCIAIS AO CONSELLO ESCOLAR

Na reunión constitutiva da Xunta Electoral, que tivo lugar o martes 10 de novembro ás 10:05 horas, os membros asistentes tomaron os seguintes acordos:


1._Aprobar os censos electorais, que serán expostos publicamente para o seu coñecemento e para servir de base ás posibles reclamacións ó mesmo.


2._Aprobar o calendario electoral, que queda establecido do seguinte xeito:


2.1._PRESENTACIÓN DE CANDIDATOS/AS NA SECRETARÍA:


Do 12 ao 22  de novembro, ámbolos dous incluídos, de 10 a 14:00 horas: período de admisión de candidatos/as.(O modelo para realizar a súa presentación atópase na secretaría).
Día 23 de novembro, ás 10:05 horas: reunión da Xunta Electoral para facer pública a proclamación de candidatos/as e para realilzar o sorteo dos membros que compoñerán as Mesas Electorais para as eleccións de alumnos/as e de pais/nais ou titores legais.
Días 24  e 25 de novembro ata as 14:00 horas: prazo para reclamacións.
Día 26 de novembro, ás 10:05 horas: reunión da Xunta Electoral para a resolución das posibles reclamacións.


2.2_DATAS DE VOTACIÓN:


Día 30 de novembro:
Alumnos/asde 17:05 a 17:55 horas.(Para poder votar teñen que presentar o DNI ou o CARNÉ ESCOLAR)
Día 30 de novembro:
Profesores/as  (Claustro Extraordinario) de 10:05  a 10:25 horas.
Pais/nais ou titores legais de 19:00 a 20:00 horas.
(para poder votar teñen que presentar o DNI)
Persoal non docente de 12:05 a 12:25 horas
Día 01 de decembro:
Reunión Xunta Electoral para proclamación de candidatos e traslado ó Delegado Provincial das copias das actas correspondentes.

Brión,11 de novembro de 2010.
A XUNTA ELECTORAL

DIMITE A DIRECCIÓN DO CENTRO DEBIDO AO RECORTE DO CUPO DE PROFESORADO ADXUDICADO

O equipo directivo do IES de Brión presenta a súa dimisión logo de coñecer o cupo de profesorado adxudicado ao centro para este curso que principia.

O texto da dimisión remitido á Xefatura Territorial de A Coruña explica os motivos que provocan esta decisión:

"Una vez coñecido o cupo de 30 PES establecido polas autoridades educativas para este curso 2010/11, fundamentado única e exclusivamente en criterios económicos e entendendo que non foron atendidos os criterios educativos nos que se fundamentaba a nosa solicitude dun cupo de 33 PES, vémonos na imposibilidade de poder levar á práctica con este profesorado o proxecto educativo que se vén desenvolvendo, con bos resultados, no centro estes últimos anos.

Esta situación obríganos a presentar a dimisión como equipo directivo."

Consulta as novas publicadas sobre o tema:

La voz de Galicia , El país , El Correo Gallego , Redperiodistas.es , 20minutos.es, La voz de galicia

 

COMUNICADO DO CLAUSTRO SOBRE A SITUACIÓN DO CENTRO NO INICIO DE CURSO

O claustro de profesores/as do IES de BRIÓN, reunido en sesión extraordinaria o día 15 de setembro de 2010 acordou, por unanimidade, manifestar a súa máis enérxica protesta pola redución de profesorado que se pretende levar a cabo para o curso 2010-2011. Esta decisión bota abaixo o proxecto educativo que se ven a desenvolver no centro e vai redundar nunha clara merma da calidade educativa da que como profesionais sairemos, evidentemente, prexudicados, pero da que será vítima, sobre todo, o alumnado creándose unha situación que nos parece alarmante. Deste xeito:

-Haberá grupos de arredor de 30 alumnos/as de ESO que farán imposible unha mínima atención á diversidade e incluso haberá serias dificultades para acomodalos na aula ante a falta de espazo físico na maior parte delas.

-Esta nova distribución por grupos fará imposible a atención ao alumnado nas gardas, recreos, titorías, actividades complementarias, etc.

-Preténdese que gran parte do profesorado asuma a docencia de materias “supostamente” afíns: profesores/as de Inglés dando Lingua Castelá, de Ciencias da Natureza dando Educación Plástica, de Educación Física dando tamén Educación Plástica, de Francés dando Cultura clásica e de Economía dando Bioloxía e Xeoloxía.


Así mesmo, queremos manifestar o noso apoio ás xestións levadas a cabo polos membros do equipo directivo que, ao non ser tidas en consideración as súas argumentacións, presentou a súa dimisión, aumentando con isto a situación de incerteza fronte ao curso que comeza.

Brión, 16 de setembro de 2010

O Claustro de Profesores/as do IES de Brión

ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Cualificacións provisionais das PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

O prazo de Reclamacións ás cualificacións provisonaisé do 18, 21 e 22 de Xuño

O prazo de presentación de solicitudes de Admisión a ciclos formativos de Formación Profesional é do 17 de Xuño ao 2 de Xullo

Para máis información dos ciclos formativos de FP consulta a seguinte ligazón

Resolución do 11 de Xaneiro do 2010 , da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos para o ano 2010.

Datas das probas de acceso os estudos de formación profesional de grao medio e superior

Modelos de exames e materiais didácticos

CHARLA SOBRE OS NOVOS TÍTULOS DE GRAO E AS PAAU.

11/05/2010 19:30
11/05/2010 20:30

O vindeiro martes, 11 de maio, ás 19:30 terá lugar na aula de usos múltiples do centro unha charla sobre os novos títulos de grao e sobre as probas de acceso aos mesmos (PAAU), orientada ás familias do alumnado de 2º de bacharelato. A charla será impartida pola Xefa de Xestión Universitaria.

Distribuir contido