Evitar navegación.
Principal

P. Vida Activa

Proxecto de Vida Activa e Saudable

CAMIÑANTES ACTIVOS

Ao longo do primeiro trimestre o alumnado de 1º ESO realizamos unhas xornadas no CENTRO de DÍA DO BURGO (Plan de Centro Aprendizaxe - Servizo), e aproveitando a actividade na que fixemos de reporteiros,  tamén tivemos a oportunidades de promover a vida saudable ... cómo? camiñando ata o centro, promovendo os desprazamentos  activos, os cales proporcionan beneficios a nivel físico e social, ademais de económicos e ambientáis.

DO IES Á NATUREZA !!

O 18 de Outubro o alumnado de 4º ESO saímos á natureza, un gran traballo interdisciplinar entre o profesorado, agradecendo o "programa para unha transición ecolóxica" do CEIDA. Realizamos un percorrido de senderismo no espazo natural das Fragas do Eume, onde tivemos unhas imaxes espectaculares grazas as cores de outono e rematando cunha visita guiada ao Medieval Mosteiro de Caaveiro.

Aprendemos a gozar do sendeirismo xuntos e con seguridade!!

RECREOS ACTIVOS

Unha oportunidade para movernos, gozar coas compañeiras e compañeiros, e ao mesmo tempo coidando da nosa saúde.

Comezamos cos RECREOS ACTIVOS no mes de OUTUBRO, onde animamos a participar a todo alumnado, co obxectivo de aumentar práctica deportiva neste tempo. Os deportes practicados teñen unha proposta para o segundo trimestre as ¡¡LIGAS INTERNAS!!  deste curso 2022/2023. Os espazos que habilitamos son; pavillón cuberto para a práctica do voleibol,  pista exterior para fútbol e baloncesto, zonas alternativas no patio e tamén a zona para a práctica do tenis de mesa, ademais este ano presentamos o novo xoguete futbolín (alternativa moi adaptable para o alumnado lesionado, exento de parte práctica ...)

Agradecer a colaboración do profesorado e alumnado que fai posible a organización. 

XORNADAS DE CONVIVENCIA

O luns 19 de Setembro, co inicio de curso, tivemos unha xornada de convivencia, todo o alumnado de 1º de ESO, acompañados polos titores e profesores/as colaboradores/as. Na cal gozamos dun gran día, grazas as diferentes actividades deportivas propostas ¡O DEPORTE  COMO AXENTE SOCIALIZADOR!

IESEBA EN MOVEMENTO

Damos comezo co PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA NO CENTRO EDUCATIVO, o cal ten uns obxectivos claros para este curso:

- Aumentar a práctica deportiva do alumnado tanto dentro como fóra do centro educativo.

- Mellorar a saúde nos diferentes niveis: física, psicolóxica e social.

- Crear hábitos de vida saudable: deportiva, alimentación equilibrada ...

 

Polo que neste apartado informaremos tanto ao alumnado, docentes e familiares, dos diferentes contidos  en relación cos hábitos de vida activa e saudable que levaremos a cabo no proxecto, realizando un traballo interdisciplinar cos diferentes departamento colaboradores. 

Distribuir contenido