Avisos
NOVOS CRITERIOS DE PROMOCIÓN e TITULACIÓN na ESO e BACHARELATO SEGÚN A LOMLOE
PÓDENSE CONSULTAR OS NOVOS CRITERIOS DE PROMOCIÓN e TITULACIÓN na ESO e BACHARELATO SEGÚN A LOMLOE AQUÍ ACTUALIZADO O 25-04-2022 |
AVISO ADMISIÓN CURSO 2022-2023 - Listaxes provisionais de admitidos
As listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido están a disposición dos interesados no taboleiro de anuncios do centro dende hoxe, 20 de abril de 2022.
Tamén poderán informarse a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ con certificado dixital ou chave 365.
EXAMES convocatoria extraordinaria 1ºBAC 2022
Consultar AQUÍ o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de 1º BACHARELATO
Campaña “S.O.S. UCRANIA”
O alumnado do IESEBA en colaboración coa Biblioteca organiza unha campaña de recollida de donacións que O Banco de Alimentos Rías Altas (en colaboración con ACA-Ucraína) achegará a Ucraína. Se queredes colaborar podedes achegarvos e depositar na entrada do centro ata o 30 DE MARZO algún dos seguintes produtos: LEITE INFANTIL (EN POLVO) COMIDA PREPARADA EN LATA MATERIAL SANITARIO PARA CURAS DE URXENCIA:(betadine, gasas,...) |
Visita de docentes italianos ao noso centro
Os días 13, 14 e 15 de outubro está prevista a visita de catro docentes procedentes de Italia, concretamente da rexión de Calabria.
Esta visita enmárcase dentro dun Proxecto Europeo (Erasmus plus Proyect) que se basea na formación dos profesores mediante un Job-Shadowing (ver como traballan noutros centros). Neste caso está especialmente interesados en ver como se traballa, organiza e se imparte clase nos institutos españois.
Pedíronnos que lles facilitemos unha vista ao noso centro para coñecer o seu funcionamento. Por iso, durante os días mencionados os docentes italianos asistirán como espectadores a varias clases, e informaráselles sobre o funcionamento, os recursos e as medidas (tanto pedagóxicas como organizativas) que están implementadas no noso instituto.
Díptico informativo sobre E-Dixgal
Adxuntamos o díptico informativo sobre E-Dixgal que nos facilita a Consellería.
Aquí poderedes atopar información sobre o programa e datos de interese, como o procedemento para contratar o seguro voluntario para o equipo
PLANO de ENTRADAS ao CENTRO por GRUPOS e CALENDARIO curso 2021-22
Calendario do curso 2021-22 AQUÍ O PLANO de ENTRADAS ao CENTRO por GRUPOS na seguinte imaxe |