Evitar navegación.
Principal

Avisos

AVISO - DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO

A devolución de libros de texto farase os días 3 e 4 de setembro en CONSERXERÍA de 10:00 a 13:00 horas.

AVISO COVID - EXAMES SETEMBRO

O alumnado que debido á COVID non poida asistir de xeito presencial aos exames de setembro, deberá comunicalo canto antes enviando ao correo do centro: ies.blanco.amor.culleredo@edu.xunta.es, un xustificante médico escaneado, indicando así mesmo, o nome e apelidos do alumno/a, curso, grupo e materias das que se ten que examinar, así como un enderezo de correo electrónico, no que recibira as instrucións para realizar as probas extraordinarias.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/2020.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de agosto de 2020. Toda a información aquí

AVISO MATRÍCULA e LIBROS de TEXTO CURSO 2020-21

1. Xa está dispoñible toda a información para facer a matrícula para o curso 2020-21. O prazo de matrícula comeza o día 1 e remata o 10 de xullo. Pódese acceder dende o bloque correspondente na parte superior dereita da páxina web ou directamente dende AQUÍ

2. Pódense consultar os libros de texto para o vindeiro ano académico no apartado correspondente, no menú "Libros de texto", dentro dos bloques ALUMNADO e SECRETARÍA no lado esquerdo da páxina, ou directamente dende AQUÍ

AVISO - ENTREGA DE ORLAS DE 4°ESO E 2°BACHARELATO

As orlas de 4ºESO e 2ºBAC pódense solicitar en administración:

1. No momento de efectuar a matrícula para o curso próximo (entre o 1 e o 10 de xullo)

2. Aqueles alumnos que non se matriculen para o próximo curso os prazos son os seguintes:

Entre o 20 e o 25 de xullo (orlas de 4°ESO)

Entre o 26 e o 31 de xullo (orlas de 2º BAC)

AVISO ALUMNADO 4ºESO

O alumnado de 4°ESO que se vaia matricular nun ciclo formativo de FP ten que presentar o certificado de estudos de ESO que previamente debe solicitar no noso centro por correo electrónico ou por teléfono. Unha vez feito este trámite, poderase recoller en 48 horas, en horario de 9:30 a 10:00 horas en administración.

AVISO - PUBLICACIÓN DE NOTAS FINÁIS

Co fin de non colapsar a aplicación AbalarMóbil o día 25 de xuño, a publicación das notas será por cursos co seguinte horario:

4º ESO e 1º BAC: 09:00 horas

3º ESO: 10:00 horas

2º ESO: 11:00 horas

1º ESO: 12:00 horas

Circular informativa FIN de CURSO 2020

Para acceder á circular con información sobre o calendario de fin de curso, devolución dos libros do fondo solidario e biblioteca, criterios de promoción e titulación, matrícula curso 2020/2021 e outra información, premer AQUÍ

IMPORTANTE: NORMAS RELATIVAS A ACTUACIÓN DENTRO DO RECINTO DO INSTITUTO

IMPORTANTE:

NORMAS RELATIVAS A ACTUACIÓN DENTRO  DO RECINTO DO INSTITUTO

  • Debido á situación sanitaria actual e co fin de axilizar os trámites administrativos non se realizarán fotocopias ao público.
  • Tampouco se prestará ningún tipo de material (lapis, gomas, grampadoras, etc)
  • É imprescindible o uso de mascarillas en todo o recinto escolar
  • Dispoñerán de dispensadores de xel hidroalcólico que deberán usar antes de presentar calquera documentación tanto en conserxería como en secretaría.
  • Debe manterse a distancia de seguridade de 2 metros entre persoas.

 

RECORDATORIO IMPORTANTE USUARIOS G-SUITE e ABALAR MÓBIL

ALUMNADO CON CONTAS G-SUITE:

Se teñen algún problema, deberán cubrir este FORMULARIO e poñerémonos en contacto para solucionalo.

APLICACIÓN ABALAR MOBIL:

Aquelas familias que todavía non a teñan descargada deben seguir as seguintes INSTRUCIÓNS.

Se teñen calquer incidencia, ou o seu número de teléfono non está actualizado nos datos do centro, deben cubrir o seguinte CUESTIONARIO.

Distribuir contenido