Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Homenaxe a Xela Arias no IES A Sangriña

Homenaxe a Xela Arias no IES A Sangriña

Esta mañá celebramos o noso acto de homenaxe a Xela Arias. A poeta, que impartiu docencia no noso centro, dá nome á nova aula de usos múltiples 1, que en diante pasa a ser Aula Xela Arias. O acto de inauguración, coordinado polo Departamento de Lingua Galega, contou co recitado dalgúns poemas da autora a cargo de varias alumnas de secundaria, acompañadas polo profesor de música, Alfredo Garrido, na guitarra. Posteriormente, descubriuse unha placa cun verso do poemario Darío a Diario, que agora loce na entrada do noso instituto.
Agradecemos a presenza do alcalde e profesor do centro, Antonio Lomba, e a implicación do alumnado nestes actos de homenaxe á poeta Xela Arias.

Día das Letras Galegas 2021: especial Xela Arias en RadioTrega.

Para conmemorar este Día das Letras Galegas 2021, o alumnado do IES A Sangriña gravou "Descubrindo a Xela", o programa Especial sobre Xela Arias, en RadioTrega:

1. Velaquí a "Descubrindo a Xela" 1ª parte, que dará cabida a recitados do alumnado do nodo centro e á participación de persoas da nosa cultura como Víctor Freixanes, presidente da RAG; Tamara Andrés Tamara Andrés, nova poeta galega; Hugo Guezeta, integrante do grupo de rap Son Da Rúa SonDaRúa; ou Sofía Tarela, integrante das Gharotas da Ribeira María Apagha OLeiteque Ferve. Ademais, tamén haberá entrevistas, pois nesta primeira parte falaremos con Isabel Isabel Rodriguez Pazos, profesora do noso centro que coñeceu en persoa a Xela no seu paso pola Sangriña... Non perdades este episodio!

2. "Descubrindo a Xela", 2ª parte. Na segunda parte do Especial Letras Galegas, recuncan os recitados do alumnado do noso centro e a participación de persoas da nosa cultura como Xurxo Souto, Laura Rabizal, Isabel Risco, Silvia Penas Estévez, Tino Baz, Marta Dacosta ou Anxo Angueira. Ademais nesta segunda parte falamos con Pilar Carro, profesora do noso centro e directora cando Xela impartiu aulas no IES Sangriña, aló polo 2001... Non perdades este episodio! Vivan as Nosas Letras!

ILUSTRA XELA

Xa podedes participar no "Ilustra a Xela", o novo concurso organizado polo EDLG do IES A Sangriña. Fai a túa ilustración de Xela Arias e acompáñaa cun(s) verso(s) da poeta homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021. Dúas categorías, ESO e BACH + FPB, con dous premios por categoría.

Prazo: todo o mes de maio de 2021 Viva Xela Arias! Vivan as nosas Letras!

Distribuir contido


by Dr. Radut