Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Filemón o engurrado (Contos do mundo)

19/03/2017 10:00
Etc/GMT+1
A India foi o país ao que viaxaron rapaces e rapazas de 6º de Primaria do CEIP e 2º de ESO do noso instituto, acompañados de Neves Rodríguez, na novena sesión do proxecto de Contos do Mundo. O conto escolleito desta volta foi Filemón o engurrado, unha fermosa historia sobre un vello elefante, escrita por Michael Ende, que cativou ao auditorio.
Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.

Os tres porquiños de Venecia (Contos do mundo)

15/03/2017 10:00
Etc/GMT+1

Os tres porquiños de Venecia é o título do conto teatralizado que o alumnado de 1º de ESO, coa profesora Menchu Costa, preparou para as cativas e os cativos de 4 anos do veciño CEIP A Sangriña, dentro do proxecto de ambas as dúas Bibliotecas titulado Contos do mundo, sobre o que levamos varias semanas informándovos.

Coma sempre, o lugar do encontro foi o colexio, aínda que desta volta no canto da biblioteca, a sesión tivo lugar no salón de actos. Este alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar nun proxecto sobre Italia, país co que gardaba relación o conto representado.

Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.

A tropa de trapo

03/03/2017 10:15
03/03/2017 12:00
Etc/GMT+1

O pasado 3 de marzo, o noso alumnado de 1º e 2º de ESO puido gozar dunha moi amena sesión de música e contacontos protagonizada por A tropa de trapo, que presentou "A hora azul". Con este espectáculo, os contacontos profesionais Brais e Marta - chegados desde Cangas - renden homenaxe ás mulleres, á emigración e ao realismo máxico de Galicia, acompañados do son da guitarra portuguesa, do laúde árabe, da darbouka, do caixón flamenco e das Karkaba. A continuación desta sesión, o alumnado de 1º de ESO asistiu a un obradoiro, impartido por Brais e Marta, a través do cal puideron afondar no marabilloso oficio de contar contos.

Contos do mundo: Cuba e Exipto

10/03/2017 00:10
10/03/2017 13:10
Etc/GMT+1

O venres pasado tiveron lugar a quinta e sexta sesións do proxecto de Contos do mundo que estamos a levar a cabo co noso veciño CEIP A Sangriña.

O alumnado de 1º de Bacharelato, acompañado da profesora Marisa Guerra, faloulles de Cuba e as súas narracións a rapazas e rapaces de 5º de Primaria; e o grupo de 2º de ESO B, xunto co profesor Juanra Torres, representarnon unha pequena obra de teatro chamada "Una momia muy responsable".

A continuación, tendes imaxes de ambas posta en escena, cedidas polo CEIP. Sempre podedes ampliar información no seu blog de biblioteca, BiblioPepiño.

Distribuir contido


by Dr. Radut