Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

Departamento de Lingua Galega e Literatura

ALUMNADO DE 1º DE ESO PERCORRE A CONTORNA

O pasado xoves 23 de febreiro o alumnado de 1º da ESO saíu a coñecer a súa vila e a súa contorna. Fixo paradas en edificios que contan a historia máis recente, coma o cemiterio da Guarda ou o Colexio dos Xesuítas e outras que lembran a nosa historia máis antiga coma as salinas romanas. Non faltou a camiñada polo senda litoral para coñecer a fauna e a flora que nos rodea. Finalizouse a visita cun xogo de pistas no Porto da Guarda no que o noso alumnado puxo en práctica todos os seus coñecementos sobre a vila.

VISITA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado martes día 7 de febreiro, alumnado do IES A SANGRIÑA realizou unha visita cultural a Santiago de Compostela. Participaron nesta viaxe estudantes de 1º de Bacharelato e aquel alumnado 2º da ESO que cursa a materia de teatro. Durante a mañá paseamos polas principais rúas da cidade vella, coñecendo algunha das particularidades das súas prazas e edificacións máis emblemáticas. Despois asistimos á representación da peza teatral "As Illas desertas", da compañía Artesacía, unha montaxe na que as novas tecnoloxías teñen un especial protagonismo, motivo polo que adoita ser do agrado dos e das adolescentes. Pola tarde visitamos o Museo do Pobo Galego, onde ademais das súas salas sobre cultura popular e arqueoloxía visitamos o Panteón de Galegos Ilustres.

Letras Galegas 2022

Esta é a programación do IES A Sangriña para as Letras Galegas 2022 dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán. Podedes descargar o programa no documento adxunto.

LETRAS GALEGAS 2022

No IES A Sangriña inauguramos a exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán para comezar a conmemoración das Letras Galegas 2022.

Distribuir contido


by Dr. Radut