Skip to Content

Orientación

Presentación Probas ABAU

20/02/2018 10:15
20/02/2018 11:00
Etc/GMT+1

O pasado martes 20 de febreiro o Departamento de Orientación organizou unha presentación das probas de acceso á Universidade (ABAU), dirixida ao alumnado de 2º Bacharelato. Neste acto explicáronse detalladamente as convocatorias, o procedemento de matrícula, o calendario e tamén a estrutura de ditas probas. 

A actividade estivo dirixida por Antonio Fernández, profesor da Universidade de Vigo e presidente da CIUG.

 

Charla: Que ten que ver a química con nós?

09/02/2018 11:05
09/02/2018 11:55
Etc/GMT+1

O venres da semana pasada, día 9, o alumnado de 1º Bacharelato A e 2º Bacharelato A e B (só o alumnado que cursa a materia de Física e Química) tivo a sorte de asistir á charla Que ten que ver a química con nós? Produtos naturais, fármacos, plásticos, biotecnoloxía, ecoloxía, nanotecnoloxía... que foi dirixida por Ricardo Riguera Vega e organizada en conxunto polo departamento de Física e Química e o de Orientación.

O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Ricardo Riguera é tamén investigador no Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares. Na actualidade a súa investigación está dirixida hacia a aplicación biomédica.

A actividade realizouse durante a cuarta hora da mañá no salón de actos do IES A Sangriña.

 

 

Teléfono de axuda do INCIBE

Xa está dispoñible a liña telefónica gratuíta e confidencial do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), de axuda a menores en casos relacionados coas tecnoloxías, tales como dependencia, ciberacoso/bullying, sexting, dúbidas sobre o uso seguro e responsable de Internet, prevención, comportamento...

É tanto para menores como pais, nais, titores, e educadores.


TELÉFONO 900 116 117

www.is4k.es 

 

 

Contos do mundo

Contos do mundo é o título dun ilusionante proxecto levado a cabo este curso entre o CEIP e o IES A Sangriña e organizado polas respectivas Bibliotecas, do que vos levamos a falar estes últimos meses. Rapaces e rapazas do instituto convertéronse en contacontos e fixeron gozar ao alumnado do colexio, con relatos centrados en diversos países do mundo. Foi unha viaxe na que todos aprendemos, e que serviu para estreitar lazos entre estes centros irmáns.
Velaquí unha presentación que recolle os mellores momentos.

Distribuir contido


by Dr. Radut