Skip to Content

Orientación

Educación emocional, os perigos das redes ou un roteiro botánico: as actividades complementarias de finais de marzo

Ao longo da semana pasada, o alumnado de 1º de ESO e o alumnado de 1º de FPB participaron nun obradoiro de educación emocional impartido pola psicóloga Carina Alonso Crespo, organizado dentro dos Contratos-Programa, na liña Inclúe, no ámbito Educación Emocional.

O xoves, a profesora de Dereito Penal da Universidade de Vigo Marta García Mosquera faloulle a boa parte do alumnado de 1º de Bacharelato sobre “Os delitos que se agochan nas redes sociais”.

O venres, o alumnado de 4º de ESO realizou un roteiro de plantas silvestres da contorna da Sangriña, guiado por César Lema, doutor en Bioloxía, organizado polo Departamento de Bioloxía no ámbito dos Contratos-Programa na liña INNOVA: ámbito de Educación para a Saúde.

CHARLAS DE DIVULGACIÓN DA UVIGO E A USC

Coa charla do pasado venres 16 de abril dáse por rematada a programación de charlas de divulgación científica e humanística no curso actual, organizadas desde o departamento de Orientación e departamentos didácticos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Latín, e Grego, en colaboración coas Universidades de Vigo e Santiago.
Todas elas tiveron unha grande acollida e satisfacción por parte do alumnado ao que ía dirixido dos cursos finais de etapa, polo que agardamos continuar a colaborar para o vindeiro curso coas tres universidades de Galicia, ampliando á Universidade da Coruña.

Desde aquí queremos agradecer ao profesorado universitario que se trasladase ata o noso IES para procurar que os relatorios se desenvolvesen de xeito presencial.

TITORÍA ENTRE IGUAIS

O pasado día 24 de marzo aprobouse no claustro o programa TEI (Titoría entre iguais) e que xa se está a desenvolver desde o segundo trimestre co alumnado de 1º e 3º ESO. O programa de “Titoría entre iguais” trata de sensibilizar contra o acoso escolar e promove un modelo de relación entre compañeiros e compañeiras baseado no respecto mutuo, a corresponsabilidade e a solidariedade. Alumnado de 1º de ESO será titorizado por un compañeiro ou compañeira de 3º de ESO, que estará preto del ou dela coa finalidade de axudalo na súa integración no centro, diminuír a súa inseguridade, resolver os conflitos mediante o diálogo, actuar como referente para a mellora da autoestima e diminuír os desequilibrios de forzas que orixinan a violencia e o acoso.

Ante as circunstancias actuais e debido a necesidade de continuar cos protocolos Covid, tivo que ser adaptado e o obxectivo para este curso é inicialo no centro con actividades de sensibilización e de convivencia dentro do grupo, a desenvolver nas sesións de titoría. Coa aprobación do claustro do dito program, o noso IES A SANGRIÑA entra a formar parte da gran Rede Nacional de centros TEI, na que están implantando o Programa de Andrés Bellido (psicólogo) creador deste método que se desenvolve en mais de 1000 centros de toda España para a mellora da convivencia, prevención da violencia e acoso escolar.

Para obter máis información sobre o programa TEI e o problema do acoso escolar, recomendamos o visionado do programa á carta de RTVE "Crónicas", dedicado ao acoso escolar.

Charlas sobre a “Adicción ao xogo”.

Este mes, o alumnado de 4º de ESO e 2”1º de bacharelato asistiu a unhas charlas sobre adiccion ao xogo impartidas polo psicólogo Antonio Tova de Llano. O relator comezou por unificar conceptos como xogo, xogo patolóxico e adicción, e analizou como inflúe nas persoas o xogo e a súa aceptación social a través da publicidade. Reflexionouse tamén sobre a repercusión do xogo no eido social, laboral e familiar, a súa presenza nas redes sociais e a súa afectación no rendemento da rapazada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut