Skip to Content

Orientación

INFORMACIÓN SOBRE O ACCESO Á ARMADA

O mércores da semana pasada, día 4 de abril, e dirixida ao alumnado de 4º ESO, levouse a cabo unha charla informativa sobre o acceso á armada, organizada polo Departamento de Orientación.
 
No centro estivo persoal da comandancia naval de Vigo, para expor ao alumnado que remata estes estudos, as formas de acceso e as posibilidades de futuro que a armada lles ofrece tanto a nivel de formación académica como laboral.
 
A actividade tivo lugar no salón de actos do instituto, de 11:05 a 11:55, e foi impartida por Gonzalo Martínez, sarxento da comandancia de Vigo.
 
O profesorado implicado foi: Mónica, Toñi, María Traveso, Víctor Torreiro e Alfredo.

OBRADOIROS SOBRE EDUCACIÓN EMOCIONAL

Desde a semana pasada e ata a que vén, estaranse realizando uns obradoiros sobre educación emocional, organizados pola dirección do centro e o Departamento de Orientación.
 
Dirixidos ao alumnado de 2ºESO e levados a cabo en horas de titoría, están sendo impartidos por Karina Alonso, da asociación colaboradora ADABAS.
 
Estes obradoiros, de dúas sesións por grupo, teñen como obxectivo ensinarlles a recoñecer a manexar de maneira positiva as súas emocións.
 
 
 

Charla sobre a Universidade de Santiago de Compostela

09/03/2018 11:05
09/03/2018 11:55
Etc/GMT+1

Hoxe venres día 9 de marzo, tivo lugar no salón de actos do IES unha charla sobre a Universidade de Santiago de Compostela. Foi organizada polo Departamento de Orientación e levada a cabo polo profesor da USC Carlos Javier Álvarez, natural de A Guarda.

Esta actividade encádrase no programa "A ponte" entre os centros de secundaria e a USC. O obxectivo é acercar e dar a coñecer o que ofrece a universidade en canto a titulacións e outros servizos: residencias, cursos de idiomas, prácticas deportivas, bolsas, etc.

O profesorado implicado foi Juan Hermida, Valentín, Edita, Borja Santamarta, Manuel Vidal, Olga Costas e Rosa Domínguez. 

Charla sobre a argumentación lóxica e retórica

02/03/2018 12:20
02/03/2018 13:10
Etc/GMT+1

O pasado venres 2 de marzo o Departamento de Filosofía e de Orientación organizaron unha charla sobre a argumentación lóxica e a retórica.

Estivo enfocada para o alumnado de 1º e 2º Bacharelato (o que cursa a materia de Historia da Filosofía), dirixida un ano máis polo profesor da USC José Miguel Sagüillo Fernández-Vega e realizouse durante a penúltima hora da mañá.

Nesta charla o profesor Sagüillo falounos sobre a filosofía da ciencia e as probabilidades, entre outros temas. O obxectivo era tratar esta parte da materia dun xeito máis sinxelo e ameno para o alumnado, falar da argumentación lóxica a través de exemplos moi prácticos que os fixera razoar.

O profesorado implicado foi Borja Santamarta, Toñi, Alberto Viso, Lucía García e Rosa Goberna. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut