Skip to Content

Noticias

Reunión informativa sobre as probas de acceso á Universidade

09/05/2017 20:00
Etc/GMT+1
Con motivo das sucesivas modificacións na lexislación para as probas de acceso á Universidade (ABAU) e outras circunstancias que afectan ao alumnado de 2º de Bacharelato, manterase unha sesión informativa o vindeiro martes 9 de maio ás 20:00 h no salón de actos do IES A Sangriña.
 

Uxía Vicente Villa, bolseira Amancio Ortega

Á alumna de 4° de ESO B, Uxía Vicente Villa, acaba de serlle concedida a bolsa de estudos Amancio Ortega, que ten como obxecto financiar os estudos de 1º de Bacharelato de rapazas e rapaces españois en institutos de Estados Unidos e Canadá. Trátase dunha bolsa de inmersión na cultura estranxeira, posto que van vivir con familias de acollida e os centros nos que van estudar son institutos locais.

En Galicia convocáronse 80 bolsas para o vindeiro curso, unha das cales obtivo Uxía polos seus méritos académicos e o seu dominio do inglés. É un orgullo para o noso centro: parabéns en nome de toda a comunidade educativa, desexámosche o mellor nesta enriquecedora experiencia.

Podedes ampliar información nestas ligazóns:

15 pesetas por frete

19/12/2016 16:00
19/12/2016 17:40
Etc/GMT+1

salón de actos cheo na proxección

Esta tarde proxectouse no salón de actos do noso centro para o alumnado de Bacharelato e Ciclos superiores o documental 15 pesetas por frete, traballo de Estefanía Alonso. O filme trata o contrabando e o estraperlo na posguerra na nosa zona de fonteira, concretamente en Camposancos, unha práctica de comercio ilegal en tempos de miseria, malia que nas gamelas pasaban mercadorías legais e de primeira necesidade, como poden ser aceite, azucre, ovos ou penicilina.

Contaron co asesoramento histórico dos profesores Antonio Cernadas e Xavier Crespo, quen tamén aparecen como colaboradores directos.

No Faro de Vigo

06/12/2016 00:00
08/12/2016 00:00
Etc/GMT+1

Esta semana o noso centro estivo presente na prensa.

O pasado martes Faro de Vigo publicaba unha noticia sobre a participación do centro no proxecto EpDLab, proxecto centrado na educación en valores e novas tecnoloxías, e no que participamos desde o curso pasado. Podedes ler a noticia aquí.

O xoves, de novo no Faro, unha referencia ao éxito do noso alumnado no Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras (rally que ganaron tres anos seguidos) e a visión que ten ao respecto o director do centro, dentro dunha reportaxe máis ampla sobre a excelencia no ensino galego, en relación aos resultados do informe PISA. Tendes dispoñible a reportaxe completa aquí, e a referencia ao noso centro aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut