Skip to Content

Noticias

Galicia Skills 2021

Este mes o IES A Sangriña participou nas Olimpíadas da Formación Profesional: Galicia Skills. Os participantes foron o alumno Pablo Pousa Estévez e o profesor Rubén García Ares, na especialidade de Reparación de carrozaría. A pesar de non conseguir a medalla de ouro que implica ir ao campionato de España en Madrid, Spain Skills, o resultado foi dunha boa puntuación, unha excelente competitividade e unha grande experiencia para todos. Os participantes animan aos demais estudantes a que na próxima edición participen nas respectivas especialidades destas Olimpíadas da Formación Profesional.

 

ADEUS A MAGDALENA GARABATOS

Hoxe soubemos a triste noticia do falecemento da nosa compañeira e profesora Magdalena Garabatos, quen impartiu aulas de Literatura neste instituto durante máis de 25 anos. Gran compañeira, Magdalena foi unha desas poucas profesoras que deixan unha profunda pegada no seu alumnado, profesora inesquecible que conseguiu espertar coas súas clases un amor verdadeiro pola literatura. Que a terra che sexa leve, compañeira.

 

EL VIAJE DEFINITIVO

 

… Y yo me iré. Y se quedarán los pájaros
cantando;
y se quedará mi huerto, con su verde árbol,
y con su pozo blanco.

 

Todas las tardes, el cielo será azul y plácido;
y tocarán, como esta tarde están tocando, 
las campanas del campanario.

 

Se morirán aquellos que me amaron;
y el pueblo se hará nuevo cada año;
y en el rincón aquel de mi huerto florido y encalado, 
mi espíritu errará nostáljico…

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico.

Adxuntamos a ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21.

 

O PRAZO DE SOLICITUDES REMATARÁ O DÍA 6 DE XULLO DE 2021.

 

DESPEDIDAS

A pesar de todas as restricións vividas este curso, o alumnado que rematou etapa puido ter a súa despedida.

No caso de 4º de ESO celebrouse unha pequena festa de fin de curso, que consistiu nun tempo de lecer no xardín, unha merenda adptada aos tempos de pandemia e un recital de poesía. 

O alumnado de 2º de Bacharelato organizou o tradicional acto de graduación, con actuacións e emotivos discursos, no que se contou coa presenza das familias.
 

Distribuir contido


by Dr. Radut