Skip to Content

Noticias

REPARTO DE MÁSCARAS PARA O PROFESORADO

A Xunta de Galicia vén de enviar unha partida de máscaras hixiénicas reutilizables ao IES A SANGRIÑA co obxectivo de cubrir as necesidades de todo o persoal do centro ata final de curso. O material, en paquetes de cinco unidades homologadas, de 25 lavados cada unha, será distribuído no inicio deste segundo trimestre. Polo tanto, desde hoxe mesmo o profesorado do centro pode recoller un paquete de máscaras da caixa que se habilitou para tal efecto na sala do profesorado. 

A Dirección. 

Medicións da concentración de CO2 nas aulas.

A partir dos datos recollidos na táboa anexa, resolvemos que as medicións amosan un rango de concentración de CO2 aceptable cando medimos con portas abertas e fiestras abertas. É imprescindible manter portas abertas e fiestras abertas como norma COVID, norma que temos que respectar independentemente das condicións meteorolóxicas exteriores. Cumprindo esta norma COVID, o noso centro é seguro e garante unhas circunstancias sanitariamente aceptables.

Unha radio no instituto!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere anunciarvos que este curso académico temos moitos proxectos ilusionantes que queremos compartir. Así, contamos cunha novidade moi importante e que seguro vos gustará: unha radio no insti, Radio Trega!!
Podedes seguir as novidades desde Facebook e Instagram en dina.sangrinha.

Obras no instituto

A Xefatura Provincial da Consellería de Educación, Cultura e Universidade decidiu librar, o pasado verán, unha importante partida orzamentaria destinada á mellora da eficiencia enerxética dos centros. Este IES A Sangriña viña longo tempo reclamando un orzamento nesta liña que incidise no aforro enerxético en calefacción a través do cambio das fiestras do edificio por outras monobloque con rotura de ponte térmica. A devandita partida orzamentaria da Xefatura Territorial está deseñada para a instalación de tales fiestras polo que, a partir do 16 de novembro, as obras para a súa instalación no IES A Sangriña darán comenzo.

A instalación comportará a preparación do oco das actuais fiestras de xeito que se cree un marco onde instalar o monobloque novo. A empresa instaladora elaborou unha planificación de traballo co fin de acometer as obras respectando o uso das aulas, os traballos levaranse a termo incluso en días feriados e fins de semana. A previsión inicial é que as obras rematen antes do inicio do segundo trimestre.

Asemade, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Cultura e Universidade, a través da súa Unidade Técnica, respostou a outra vella demanda da Dirección deste centro: a conversión en aulas multiusos do espazo da antiga vivenda do conserxe. Os remanentes orzamentarios da Xefatura Territorial para o exercicio 2020 serán investidos nesta reforma, o cal implica que as obras terán que acometerse antes de que remate o presente ano 2020.

Malia as molestias que toda obra conleva, e ante as que debemos ter comprensión e paciencia, teremos, ao remate, un centro máis sustentable e máis operativo.

Distribuir contido


by Dr. Radut