Skip to Content

Contratos Programa

Programa de Orientación, Apoio e Excelencia

Alumnado de 4º de ESO realiza experiencias de Biotecnoloxía na Universidade de Vigo

Alumnado de 4º de ESO participante no proxecto "Un mar de coñecemento" que se ven desenvolvendo nestes últimos anos ó abeiro dos Contratos Programa, desenvolveu técnicas de biotecnoloxía no laboratorio de Xenética dirixido pola Doutora Paloma Morán, da Facultade de bioloxía da Universidade Vigo.

Entre as técnicas aplicadas, realizaron identificación do sexo de salmón mediante PCR, electroforese e tinción do ADN amplificado. Asimesmo purificaron plásmidos a partir dun cultivo bacteriano.

Para ver mais poder consultar o blog do proxecto

Curso de técnicas para o éxito no estudo

A partir do 11 de marzo comeza o curso de técnicas para mellorar o éxito no estudo, para alumnado de 3º, 4º de ESO e Bacharelato.

Podes descargar o cartel no documento adxunto.

Alumnado de 4 ESO analiza sedimentos no CUVI

Alumnos e alumnas de 4º de ESO desprazáronse ás instalacións dos laboratorios de Xeoloxía da Facultade de Ciencias para analizar sedimentos recollidos ao longo da desembocadura do río Miño.

Baixo a supervisión do Dr. Miguel Nombela e acompañados polo Profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Juan Hermida, o alumnado realizou unha caracterización de sedimentos en base á súa composición granulométrica e contido en CaCO3, que foron recollidos ao longo da desmbocadura do río Miño, desde Eiras ata a praia de Area Grande.

O obxectivo da investigación é describir como varían os parámetros analizados ao longo do tramo analizado.

Este traballo de investigación enmárcase dentro do Proxecto "Un Mar de Coñecemento" que se vén desenvolvendo ao abeiro dos contratos Programa que o IES A Sangriña vén desenvolvendo nos últimos anos en colaboración co Campus do Mar.

Podes seguir as novas do Proxecto neste enlace.

Conferencia sobre "sobreexplotación pesqueira"

O pasado 9 de maio, alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiron a unha conferencia impartida por Isabel Riveiro, sobre a sobreexplotación pesqueira.

Isabel Riveiro é doctora en Ciencias do Mar e investigadora no Instituto Español de Oceanografía (IEO). Desenvolve o seu traballo de investigación en ecoloxía de animais peláxicos. Durante a súa ponencia Isabel Riveiro analizou as causas da sobreexplotación dos bancos pesqueiros asociadas principalmente ó exceso de frota pesqueira e o elevado número de descartes, polos que se capturan e desbotan gran cantidade de especies que carecen de interés comercial. Entre as posibles causas a este problema, Isabel Riveiro falou da necesidade de coñecer as poboacións naturais a través dos datos das capturas e das campañas científicas; da necesidade de coñecer a comunidade de seres vivos que cohabitan nun mesmo ecosistema; das medidas legais adoptadas (tallas mínimas, vedas, áreas mariñas protexidas, control de capturas, etc) e da necesidade de sensibilización social.

A conferencia foi organizada gracias á colaboración que o IES A Sangriña ten co Campus do Mar da Universidade de Vigo a través dos contratos programa ó abeiro do Proxecto Oceantica que pretende achegar a investigación científica ó alumnado de secundaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut