Skip to Content

Contratos Programa

Programa de Orientación, Apoio e Excelencia

TITORÍA ENTRE IGUAIS

O pasado día 24 de marzo aprobouse no claustro o programa TEI (Titoría entre iguais) e que xa se está a desenvolver desde o segundo trimestre co alumnado de 1º e 3º ESO. O programa de “Titoría entre iguais” trata de sensibilizar contra o acoso escolar e promove un modelo de relación entre compañeiros e compañeiras baseado no respecto mutuo, a corresponsabilidade e a solidariedade. Alumnado de 1º de ESO será titorizado por un compañeiro ou compañeira de 3º de ESO, que estará preto del ou dela coa finalidade de axudalo na súa integración no centro, diminuír a súa inseguridade, resolver os conflitos mediante o diálogo, actuar como referente para a mellora da autoestima e diminuír os desequilibrios de forzas que orixinan a violencia e o acoso.

Ante as circunstancias actuais e debido a necesidade de continuar cos protocolos Covid, tivo que ser adaptado e o obxectivo para este curso é inicialo no centro con actividades de sensibilización e de convivencia dentro do grupo, a desenvolver nas sesións de titoría. Coa aprobación do claustro do dito program, o noso IES A SANGRIÑA entra a formar parte da gran Rede Nacional de centros TEI, na que están implantando o Programa de Andrés Bellido (psicólogo) creador deste método que se desenvolve en mais de 1000 centros de toda España para a mellora da convivencia, prevención da violencia e acoso escolar.

Para obter máis información sobre o programa TEI e o problema do acoso escolar, recomendamos o visionado do programa á carta de RTVE "Crónicas", dedicado ao acoso escolar.

II XORNADAS DE MEDIO AMBIENTE

 
 
 

CHARLA: "DIFERENTES"

O alumnado de 2º e 3º ESO tivo a fortuna de asistir o mércores 25 de abril no salón de actos do centro á charla Diferentes.
 
Organizada polo Departamento de Orientación, Contratos-Programa (Convivencia e Igualdade) e a dirección do centro, levouse a cabo na 2ª hora da mañá e foi impartida por Jacobo Santamarta, membro da Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra AVEMPO.
 
O obxectivo é informar e concienciar ao alumnado sobre esta enfermidade neurodexenerativa.
 
 
 
 

Saída didáctica do proxecto A PEGADA DO LOBO

15/02/2018 17:00
17/02/2018 20:00
Etc/GMT+1
Os departamentos de Administración e Finanzas, Ciencias Naturais, Lingua Galega e Literatura, Inglés, EPV e Filosofía organizaron dende o pasado xoves 15 de febreiro ao sábado 17 unha saída co alumnado de 4º ESO e de 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
 
Esta saída enmárcase dentro do proxecto "A pegada do lobo", que se está a desenvolver dentro da liña de Paisaxe e Sustentabilidade do Plan PROXECTA da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 
Na seguinte foto vemos ao alumnado visitando o Centro de interpretación do lobo ibérico en Robledo (Sanabria - Zamora) e o Caurel.
 
O profesorado acompañante foron Pilar Carro Loureiro e Juan José Hermida Lago.
 
Máis info picando neste enlace.
 
 

I Xornadas de Medioambiente

07/06/2017 10:00
08/06/2017 12:00
Etc/GMT+1

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut