Skip to Content

Contratos Programa

Programa de Orientación, Apoio e Excelencia

Alumnado de 4º de ESO visita o Aquamuseum de Vilanova de Cerveira

19/04/2017 10:00
Etc/GMT+1

Un grupo multidisciplinar de alumnos e alumnas de 4º de ESO, acompañados polo profesorado Mª Luisa Guerra e Juan Hermida, visitaron o Aquamuseum de Vilanova de Cerveira o pasado mércores 19 de abril.

Os alumnos e alumnas visitaron as instalacións do museo onde se poden ver as distintas especies de animais que poboan o esteiro do río Miño. Tamén se puideron achegar ás artes tradicionais de pesca de especies de enorme importancia económica nesta zona, tales como a anguía ou a lamprea.

A visita incluíu unha saída nunha embarcación polo esteiro onde puideron ver os distintos aparatos que os investigadores utilizan para o estudo do medio mariño (sonda multiparamétrica, botella Nansen ou mallas para plancton).

O esteiro do río Miño está a sufrir profundas transformacións que afectan á conservación do seu estado natural. A construción de encoros ao longo do río afecta á bioloxía das especies migratorias tales como o salmón, a anguía ou a lamprea. Tamén a introdución de especies alóctonas supón a desaparición das especies autóctonas e a diminución da biodiversidade. A presenza destas novas especies vese favorecida ademáis polo cambio climático que axuda ao desenvolvemento destas novas especies á vez que as especies adaptadas a estas augas se desplazan a latitudes máis ao norte en busca de augas máis frías.

Nais e pais eficaces. Escola de familias

08/05/2017 20:15
29/05/2017 21:45
Etc/GMT+1
 
Ficha de inscrición no arquivo adxunto. 

Estudo topográfico e da biodiversidade da praia da Lamiña

15/12/2016 08:20
Etc/GMT+1

 

foto grupo

Alumnado de Bioloxía e Xeoloxía e de Portugués de 4º de ESO realizaron unha actividade de campo na praia da Lamiña para determinar o seu perfil topográfico e estudar a súa biodiversidade vexetal. A actividade estivo guiada pola profesora de Portugués Marisa Guerra e o profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Juan Hermida.

A actividade práctica enmárcase dentro das actividades complementarias do alumnado nas correspondentes materias así como no estudo que o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía leva realizando nos últimos anos da desembocadura do río Miño ao abeiro do proxecto “Un mar de coñecemento” dentro dos contratos programa.

Nesta ocasión o alumnado determinou o perfil topográfico da praia, actividade que volverán repetir en primavera xa que o perfil topográfico das praias cambia ao longo do ano en fución das estacións meteorolóxicas. Así mesmo, realizouse un estudo da biodiversidade vexetal dos fenais, o que permitirá determinar as diferentes adaptacións das especies vexetais a este medio físico. O alumnado de Portugués, realizará un estudo das especies vexetais, a súa relación coa denominación en lingua portuguesa e a súa importancia etnográfica.

Os resultados destes traballos exporanse a final de curso para toda a comunidade educativa.

Estudo do desenvolvemento embrionario de invertebrados mariños

Alumnado de 4º de ESO investiga o desenvolvemento embrionario de invertebrados mariños, neste caso trátase do ourizo de mar.

No desenvolvemento dos contratos programa o proxecto "Mar de coñecemento" segue impulsando o coñecemento e desenvolvendo contidos que teñen que ver coa investigación do medio mariño e das especies que o habitan.

A experiencia foi realizada en colaboración co ECIMAT  pertencente ó Campus do Mar.

Podes ver a reportaxe completa da experiencia pinchando aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut