Skip to Content

Programas Internacionais e Intercambios

Felicidades a Amaya Vicente Pérez!

Parabéns a Amaya Vicente Pérez, alumna de 4º ESO A que foi galardoada recentemente coa bolsa Amancio Ortega.

O programa de bolsas da Fundación Amancio Ortega ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira a rapaces e rapazas de institutos e colexios españois durante un ano académico. Os alumnos e alumnas seleccionados convivirán cunha familia de acollida e cursarán Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato). A bolsa cubre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización, validación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e apoio continuado durante os dez meses de estancia.

Felicidades unha vez máis!

 

Intercambio co Liceo Francesco Angeloni

19/01/2018 08:20
26/01/2018 20:00
Etc/GMT+1

Estes días boa parte do noso alumnado de 1° de Bacharelaro está a realizar un intercambio co Liceo Francesco Angeloni (Terni, Italia), no que participan 20 alumnas e alumnos de cada país, e no que levan a cabo un interesante programa de actividades académicas e culturais. 

 

 

Bolsas de mobilidade para o Ciclo Superior de Administración e Finanzas

19/09/2017 08:20
19/09/2017 14:00
Etc/GMT+1

Convócanse dúas bolsas para estudantes ou persoas tituladas do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, para realizar unha mobilidade de 90 días en Portugal. Estas bolsas teñen como obxecto a estancia formativa nunha empresa, como parte do módulo da FCT, e polo tanto acreditada dentro do título de Técnico superior, ou ben como titulado/a, para completar a súa formación técnica.

As solicitudes presentaranse entre o 15 e o 22 de setembro de 2017.
As persoas interesadas presentarán aos seus titores e titoras os seguintes documentos:  

  • Solicitude (pódese pedir un modelo á titora ou titor).
  • Curriculum europeo (español). 
  • Carta de motivación, dirixida ao equipo educativo (arquivo de word libre, indicar nome e data).
logotipo
Convenio 2017-1-ES01-KA103-037774 

 

Bolsas de mobilidade para Ciclos Medios

15/09/2017 00:20
22/09/2017 14:00
Etc/GMT+1

Convócanse dez bolsas para realizar unha mobilidade de 80 días en Portugal, de abril a xuño de 2018. Estas bolsas teñen como obxecto a estancia formativa nunha empresa, como parte do módulo da FCT, e polo tanto acreditada dentro do título de técnico.

Pode solicitala o alumnado de Sistemas Microinformáticos e Redes (3 bolsas para Portugal), Carrozaría e Electromecánica de Vehículos (4 bolsas para Portugal) e Xestión Administrativa (3 bolsas para Portugal).

As solicitudes presentaranse entre o 15 e o 22 de setembro de 2017.

As persoas interesadas presentarán a titoras e titores os seguintes documentos:

  • A solicitude (pódese pedir un modelo á titora ou titor).
  • Curriculum europeo (español).
  • Carta de motivación, dirixida ao equipo educativo (arquivo de word libre, indicar nome e data).
 
Convenio 2017-1-ES01-KA102-037591 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut