Skip to Content

Programas Internacionais e Intercambios

OpenStreetMap: mapeando en Azores

Estes días temos en Azores un grupiño de alumnas e alumnos levando a cabo tarefas de mapeo dentro do Proxecto Erasmus+ OpenStreetMap.

Do 25 ao 29 de xuño, Lucas Román, Yamila Michelle, Aitor Rodríguez e Iria Sanz desenvolven esta edición do proxecto na Escola secundaria Jerónimo Emiliano de Andrade, situado en Agra do Heroísmo, Isla Terceira, Azores, acompañados polo profesorado Beatriz Núñez e Juan Ramón Torres. Os países participantes neste proxecto son Portugal, Alemaña, Irlanda, Romanía e España.

O traballo de mapeo que desenvolve o noso alumnado consiste en compilar por equipos, cunha aplicación móbil, información pola cidade, facendo fotos, para despois, no ordenador, elaborar ou perfeccionar o mapa on line. Son mapas pensados para axuda humanitaria.

 

 

Intercambio con Italia e Dinamarca

No mes de abril recibimos o alumnado italiano e dinamarqués participante neste intercambio escolar Terni - A Guarda - Aarhus.

O luns, o alumnado dinamarqués e italiano asistiu ás aulas de Lingua Castelá e de Educación Física, onde fixeron a actividade “Danzas do mundo”. Pola tarde visitaron o monte Trega e o seu castro.O martes debido ás malas condicións meteorolóxicas non se puido ir ás illas Cíes, polo que se programou unha actividade no barco Nautilus, no que puideron observar o fondo mariño a través dunha cámara subacuática, e a visita á exposición de arte de Afundación. Tras almorzar no IES, o mércores foron visitar Tui (catedral e casco vello) e Valença (recinto amurallado, casco vello e mercado ao aire libre). O xoves realizarouse a andaina dos Muíños do Folón e do Picón, e á tardiña, una cea de despedida con todas as familias.

Vigo.

A bordo do Nautilus.

Visita á exposición de arte de Afundación.

Segundo encontro do proxecto europeo OpenStreetMap

Durante os días 25-29 de marzo tivo lugar o segundo encontro do Proxecto Europeo OpenStreetMap, sobre a catrografía libre na súa liña humanitaria, desta volta en Irlanda. O noso socio, Portmarnock school, foi o organizador.

A tarefa que desenvolveu o noso alumnado participante foi o traballo con aplicacións de cartografía libre tales como Mapillary, Maps.me, OSMcam e mais o editor cartográfico de libre configuración JOSM co fin de realizar tarefas de mapeo solidario en zonas de Lesoto. O noso socio irlandés, Portmarnock community school, está involucrado nunha ONG dublinesa que traballa na axuda á poboación lesotense. O mapeo en zonas de Lesoto utilizando as devanditas aplicacións é só unha pequena contribución respecto ao total da axuda humanitaria articulada pola dita ONG. Os nosos alumnos e alumnas axudaron a mellorar a cartografía da zona para así facilitar o traballo humanitario no terreo.

A este meeting de Dublin acudiron, como non pode ser doutro xeito, o resto dos países e escolas participantes neste proxecto.

Intercambio con Italia

A semana pasada, 21 alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato, acompañados por Daniel Garbín e Toñi Sánchez, realizaron un intercambio co Licei Statale Francesco Angeloni, de Terni (Italia). Participaron nas clases do instituto, visitaron Terni, Roma, Perugia e Spoleto, pasaron tardes en familia e conviviron coas súas compañeiras e compañeiros de intercambio, guardeses e italianos. Unha experiencia moi enriquecedora, que puidemos levar a cabo un ano máis.

Roma.

Perugia.

Spoleto.

Distribuir contido


by Dr. Radut