Skip to Content

Programas Internacionais e Intercambios

Intercambio con Italia

A semana pasada, 21 alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato, acompañados por Daniel Garbín e Toñi Sánchez, realizaron un intercambio co Licei Statale Francesco Angeloni, de Terni (Italia). Participaron nas clases do instituto, visitaron Terni, Roma, Perugia e Spoleto, pasaron tardes en familia e conviviron coas súas compañeiras e compañeiros de intercambio, guardeses e italianos. Unha experiencia moi enriquecedora, que puidemos levar a cabo un ano máis.

Roma.

Perugia.

Spoleto.

ENTREGA DA CARTA DE MOBILIDADE DE FP AO IES A SANGRIÑA

O catro de decembro pasado o IES A Sangriña recibiu a Carta de Mobilidade de Formación Profesional nas Xornadas nacionais de FP organizadas polo SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) en Madrid. A Carta de Mobilidade de FP é outorgada pola Comisión Europea aos centros de FP que participaron en proxectos europeos de FP con éxito e calidade, despois de formular unha solicitude detallando a estratexia de internacionalización do centro.

Nesta convocatoria, o IES A Sangriña obtivo a mellor cualificación das 20 cartas outorgadas en toda España. A coordinadora do proxecto de FP, Teresa Álvarez Rodríguez, foi a encargada de recoller a acreditación e presentar nas Xornadas do catro de decembro o relatorio sobre “Carta de Mobilidade de FP no IES a Sangriña” relatando os beneficios obtidos pola participación en proxectos europeos.

Esta carta supón o recoñecemento do labor desempeñado polo instituto no ámbito da FP durante todos estes anos en que se realizaron 59 mobilidades, das cales: 45 mobilidades foron de estudantes para cursar a FCT (Formación en Centros de Traballo), 8 mobilidades de estudantes xa titulados para realizar prácticas en empresas e 5 mobilidades de docentes para observar os modelos organizativos das empresas de acollida.

OpenStreetMap

Comezou o pasado outubro en Saarburg (Alemaña) o Proxecto Europeo OpenStreetMap, dentro do marco Erasmus+, na modalidade KA219, no que participa o noso instituto. Desta volta, versará sobre a cartografía libre (OpenStreetMap) na súa liña humanitaria e terá unha vixencia de dous anos (2018-2020). Os socios participantes son o centro Portmarnock (Irlanda), o Liceul Tehnologic General Hagheru (Romanía), a Escola Secundária Jerónimo Emiliano de Andrade (Azores, Portugal), o centro coordinador Geschwister-Berufsbildende Schule (Alemaña) e mais o noso IES A Sangriña.

Reunión mantida polos respresentantes dos centros participantes no proxecto.

Carta de Mobilidade de Formación Profesional

O noso centro acaba de recibir da SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación) a Carta de Movilidad Erasmus+ de Formación Profesional. Esta distinción, outorgada en toda España unicamente a vinte IES, avala a experiencia do centro en proxectos europeos e facilita a solicitude dos mesmos no futuro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut