Skip to Content

Programas Internacionais e Intercambios

Reunión do alumnado da viaxe a París.

Proxecto KA102 - Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP

O pasado 14 de setembro concluíu o noso proxecto KA102 - Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP correspondente ao curso 2018/2019 que permitiu realizar prácticas formativas aos estudantes e períodos de observación aos docentes.

Neste curso 2018/2019 o IES A Sangriña modificou a súa oferta educativa, substituíu o CM de Carrocería ordinario por outro de persoas adultas na modalidade de FP Dual e impartiuse un curso de Capacitación Profesional de Nivel 2 de “Embellecemento e Decoración de Superficies de Vehículos”.

O programa desenvolveuse en Portugal, concretamente en Lisboa e Oporto. Dada a situación fronteiriza da nosa localidade, estas Mobilidades propician a posibilidade de abrir un novo e amplo mercado laboral, ademais de reforzar os vínculos entre Galicia e Portugal promovendo a circulación e o intercambio de traballadores e traballadoras entre as nosas comunidades.

O alumnado seleccionado recibiu previamente formación cultural e lingüística cunha profesora nativa. Realizáronse 6 Mobilidades de alumnado de ciclos medios, 2 Mobilidades de alumnado de FP básica, 4 de estudantes titulados do curso de Capacitación Profesional. Tamén 4 docentes realizaron un “Job shadowing” en centros de FP da zona de Lisboa.

OpenStreetMap en Heidelberg

A pasada semana catro estudantes do IES A Sangriña realizaron unha mobilidade Erasmus+ dentro do proxecto European YouthHumanitarian Open StreetMap - euYouth OSM, neste caso en Heidelberg con motivo da conferencia anual internacional de OpenStreetMap “State of the Map 2019”, que tivo lugar nesta cidade alemá, entre os días 21 e 23 de setembro. O noso grupiño asistiu realizando tarefas de voluntariado durante os tres días de conferencias. Aproveitando este evento internacional, fixouse esta mobilidade desde o 17 ata o 24 de setembro. Os tres días previos á feira anual de OSM tiveron a oportunidade de precorrer a cidade co seu castelo, mapear e tamén asistir a unha presentación por expertos na rama humanitaria de OSM (HOT).

CONVOCATORIA DE 10 BOLSAS ERASMUS+

 

 PROXECTO KA116 para cursar a FCT o alumnado dos Ciclos Medios e FP Básica

  • 2 bolsas para estudantes do Ciclo Medio de Xestión Administrativa para realizar Portugal. (82 días).
  • 2 bolsas para estudantes do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes para realizar nun país da UE. (82 días).
  • 1 bolsa estudantes do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes para realizar en Portugal. (82 días).
  • 2 bolsas para estudantes do Ciclo de Electromecánica de vehículos para realizar en Portugal. (82 días).
  • 2 bolsa para estudantes do Ciclo de Electromecánica de vehículos para realizar nun país da UE. (82 días).
  • 2 bolsas para estudantes de FP Básica de Mantemento de Vehículos para realizar en Portugal. (62 días)

Solicitudes

As solicitudes presentaranse no Departamento de Proxectos Internacionais entre o 20 e o 30 de setembro de 2019. As persoas interesadas presentarán aos seus titores ou titoras os seguintes documentos:

Distribuir contido


by Dr. Radut