Skip to Content

Calidade Educativa

Actividades da Semana da Ilustración

A finais de xaneiro, o equipo da Biblioteca e o Grupo de Igualdade organizaron a “Semana da Ilustración”. Ao longo deses días leváronse a cabo pequenas exposicións en diferentes ubicacións do centro, relacionadas con ilustradores, personaxes de distintos libros, celebración das efemérides nas que se puido visibilizar o papel das mulleres, etc. As actividades que se fixeron foron as seguintes:

22 de xaneiro: asistencia á proxección da película de animación Coco do alumnado de 1º e 2º ESO.

27 de xaneiro (de 1832): nace Lewis Carroll. Exposición de diferentes edicións de Alicia no país das marabillas.

28 de xaneiro (de 2002): morte de Astrid Lindgren, autora do libro Pipi Mediaslongas. Presentación da edición do libro que a editorial Kalandraka vén de publicar en lingua galega.

 

30 de xaneiro (de 1886): nace Castelao. Exposición das súas ilustracións.

 

Charla: Que ten que ver a química con nós?

09/02/2018 11:05
09/02/2018 11:55
Etc/GMT+1

O venres da semana pasada, día 9, o alumnado de 1º Bacharelato A e 2º Bacharelato A e B (só o alumnado que cursa a materia de Física e Química) tivo a sorte de asistir á charla Que ten que ver a química con nós? Produtos naturais, fármacos, plásticos, biotecnoloxía, ecoloxía, nanotecnoloxía... que foi dirixida por Ricardo Riguera Vega e organizada en conxunto polo departamento de Física e Química e o de Orientación.

O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Ricardo Riguera é tamén investigador no Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares. Na actualidade a súa investigación está dirixida hacia a aplicación biomédica.

A actividade realizouse durante a cuarta hora da mañá no salón de actos do IES A Sangriña.

 

 

ENTROIDO NA SANGRIÑA!

09/02/2018 12:20
09/02/2018 14:00
Etc/GMT+1

Este venres, día 9 de febreiro celebrarase un Concurso de disfraces no pavillón de deportes, durante as dúas últimas horas de clase (12:20 - 14:00). O alumnado dos grupos participantes empezarase a vestir nas súas aulas, acompañado polo profesor ou profesora co que teña clase. Ás 12:50 baixarán ao pavillón de deportes ao concurso de comparsas acompañados polo profesorado que lles imparta clase nesas horas lectivas. Alí, un xurado formado polos distintos membros da comunidade educativa determinará quen son os gañadores do concurso.

O alumnado de 2º Bacharelato non participará no concurso por razóns académicas.

A festa de Entroido remata ás 14:00 horas.

 

 

Presentación "O segredo da casa de Formoso" de H. Cajaraville

05/02/2018 16:00
05/02/2018 17:40
Etc/GMT+1

O pasado luns 5 de febreiro, o departamento de Lingua e Literatura Galega organizou no salón de actos a presentación do libro O segredo da casa de Formoso, do escritor Héctor Cajaraville. O acto estivo dirixido para o alumnado de 3º e 4º ESO, e foi presentado pola alumna Dafne Piñeiro.

Este escritor compostelán, xornalista de profesión, entrou na literatura galega pola porta grande coa súa novela De remate, coa que gañou o premio Xerais no 2015. Desde entón publicou en moi poucos meses seis novelas, que tamén recibiron premios literarios e o que é máis importante, unha moi boa acollida dos lectores e lectoras:

Quen dá a quenda?, finalista no Premio Merlín de Literatura Infantil 2015.

A caixiña dos rancores, premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015.

Once portas, premio Ánxel Fole de Novela Curta 2016.

Denébola a Roxa, premio Meiga Moira de Novela Infantil e Xuvenil 2016.

O segredo da casa de Formoso, publicouse en abril de 2017 na colección Oqueleo de Obradoiro-Santillana. O autor falounos das ideas e experiencias persoais que inspiraron esa obra e tamén do seu proceso de creación.

Distribuir contido


by Dr. Radut