Skip to Content

Actividades da Semana da Ilustración

A finais de xaneiro, o equipo da Biblioteca e o Grupo de Igualdade organizaron a “Semana da Ilustración”. Ao longo deses días leváronse a cabo pequenas exposicións en diferentes ubicacións do centro, relacionadas con ilustradores, personaxes de distintos libros, celebración das efemérides nas que se puido visibilizar o papel das mulleres, etc. As actividades que se fixeron foron as seguintes:

22 de xaneiro: asistencia á proxección da película de animación Coco do alumnado de 1º e 2º ESO.

27 de xaneiro (de 1832): nace Lewis Carroll. Exposición de diferentes edicións de Alicia no país das marabillas.

28 de xaneiro (de 2002): morte de Astrid Lindgren, autora do libro Pipi Mediaslongas. Presentación da edición do libro que a editorial Kalandraka vén de publicar en lingua galega.

 

30 de xaneiro (de 1886): nace Castelao. Exposición das súas ilustracións.

 

31 de xaneiro: DÍA DA ILUSTRACIÓN. Exposición sobre Ana Juan (Premio Nacional da Ilustración 2010), unha das ilustradoras máis recoñecidas a nivel mundial. Amosáronse algúns dos aspectos máis relevantes da súa obra destacando o seu conto infantil Frida. Foi unha gran ocasión para facer unha homenaxe a ámbalas dúas artistas. O alumnado de EPVeA de 4º ESO colaborou con esta exposición.

 

Ademáis ao longo de toda a semana o alumnado participou nestas actividades coa creación de diferentes manifestacións artísticas ao redor das obras tratadas e a posterior exposición dos seus traballos.

 

Finalmente, o pasado venres 9 de febreiro, aproveitando o Concurso de disfraces, a vicedirectora Nuria Vázquez repartiu os premios aos mellores debuxos desta Semana da Ilustración:

1º premio: Henar Álvarez 1º BACH A

 

2º premio: Nahir Álvarez 4º ESO A

 

3º premio: Mauro Fernández 1º ESO A

 



story | by Dr. Radut