Skip to Content

Calidade Educativa

VISITA A MECALIA (A GUARDA)

O venres día 4 de maio de 2018 o alumnado de 2º de bacharelato que cursa a materia de Tecnoloxía Industrial II visitou, xunto co seu profesor Javier Villaverde, as instalacións de MECALIA.
 
MECALIA é unha industria local, con prestixio internacional que se adica a fabricar depósitos de aceiro a medida. Na explicación visitaron tanto as oficinas como as plantas de fabricación, en aceiro e aceiro inoxidable. O xerente e os técnicos explicaron todo o proceso con detalle e lles deron interesantes consellos o alumnado para a súa formación universitaria.
 
Foi de grande interese para todos.
 

VIAXE CULTURAL A PARÍS

A semana pasada, do martes 10 ao domingo 15 de abril, o Departamento de Francés levou a cabo unha viaxe cultural a París.
A actividade estivo dirixida para o noso alumnado de 3º e 4º ESO e 1º Bach, ainda que se fixo xunto co profesorado e alumnado de 1º e 2º Bach do IES Val do Tea, de Ponteareas.
O martes día 10 chegaron ao aeroporto de Orly (París) ás 11:20h, e foron visitar o Palacio de Versailles.
Pola tarde regresaron a París para facer un percorrido nocturno pola cidade antes de ir descansar ao hotel.
O mércores dedicárono a visitar a Place de la Concorde, a Opéra Garnier, a Place Vendôme, as Galeries Lafayette, o Xardín des Tuileries e o Arc du Carrousel. Antes da hora do xantar foron ao Musée du Louvre. Pola tarde tocou a Catedral de Notre-Dame e o Palais de Luxembourg.
O xoves coñeceron o Arc du Triomphe, o Trocadéro, a Tour Eiffel, os Champs de Mars, foron en barco polo río Sena e finalmente visita a Montmartre.

SAÍDA DIDÁCTICA A MAÑUFE E A VIGO

Dentro das actividades extra-escolares do Departamento de Automocion, e unha vez realizada a excursión ao salón de Birmingham no mes de xaneiro, o pasado xoves 12 de abril o alumnado dos ciclos de automoción e FPB fixeron unha excursión a dúas das coleccións privadas máis importantes de España: unha de motos en Mañufe, propiedade de Manolo Rodriguez (colección de motos que conta con pezas únicas a nivel mundial) e outra colección de vehículos clásicos pertencente a Manolo Ferreira (valorada en máis de 30 millóns de euros).
 
Os alumnos puideron ver de cerca sistemas mecánicos da época e recibir un impuso extra na súa aprendizaxe, mostrando un grande interese por todas as visitas organizadas.
 
 
 
 
 

OBRADOIRO SOBRE ACOSO ESCOLAR

O venres día 6 de abril a Dirección do centro e o Departamento de Orientación organizaron un obradoiro sobre o acoso escolar, dirixido ao alumnado de 1º ESO.
 
Tratase dunha actividade que se levou a cabo a través dos servizos sociais do concello, e foi impartida por Andrés Díaz García, psicólogo sanitario de Vigo.
 
Realizouse durante as dúas últimas horas da mañá, deixando os trinta minutos finais para que distintos grupos representasen diversas situacións de acoso.
 
O profesorado acompañante que asistiu foi todo aquel que tivo clase con eses grupos no horario indicado.
Distribuir contido


by Dr. Radut