Información xeral

Renovación membros Consello Escolar - Curso 2020-2021

O curso 2020-2021, estaba previsto un proceso de renovación que foi adiado. Vexa a informacion completa nesta ligazón.

Se desexa participar, por favor, revise este apartado con frecuencia.

Consulte nesta ligazón a información da anterior renovación (curso 2018-2019).

I Concurso de microrrelato 'Linguas nas Redes' - premios

Hoxe que iniciamos as aulas, que mellor día para dar a coñecer as persoas gañadoras do I Concurso de Microrrelatos ‘Linguas nas redes’.

Se sodes unha das persoas premiadas, seguide as instrucións da última imaxe.

Parabéns! E moitas grazas a todas as persoas participantes!

 

Inicio das aulas: curso 2020-2021

As aulas para o curso escolar 2020-2021 comezarán o próximo luns, 26 de outubro.

Por mor da adaptación ao protocolo Covid, os horarios poderán verse afectados de ata 15 minutos nas entradas ou nas saídas.

Comprobe a súa aula e o seu horario nesta ligazón.

Modelos de probas de certificación das EEOOII de Galicia

Comprobe os modelos de probas de certificación publicadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nesta ligazón (ligazón á web da consellería).

Distribuir contido