Organización

Presentación de candidaturas: Eleccións de membros do Consello Escolar Curso 2022-2023

No noso centro, segundo se recolle no Decreto 189/2010 polo que se establece o Regulamento Orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. do 19/11/2010) no artigo 16, procede renovar:

  • sete (7) representantes do profesorado
  • dous (2) representantes de pais/nais/titores
  • catro (4) representantes do alumnado

O prazo de presentacións de candidaturas terá lugar do 11 ao 18 de novembro. Preme nesta ligazón para descargar o impreso.

Eleccións de membros do Consello Escolar Curso 2022-2023

Ao abeiro da Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, o mércores 2 de novembro ás 13.30h na secretaría do centro realizouse o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. Véxase acta do sorteo na seguinte ligazón.

O día 7 de novembro quedou constituída a Xunta Electoral que velará polo correcto desenvolvemento do proceso de renovación do Consello Escolar. Consultar acta aquí.

Distribuir contido