Proxecto Europeo eTwinning 2017 - 'GLITTER: GLimpses InTo The hEarts of EuRope'

O proxecto eTwinning GLITTER: Glimpses InTo The hEarts of EuRope levado a cabo no curso 2017-18 tiña como obxectivo principal desenvolver o coñecemento da cultura europea a través de fotografías, descricións e comentarios sobre aspectos representativos dos países participantes (Alemaña, España e Italia).

As socias fundadoras foron Serenella Silenzi docente no IISS "G. Garibaldi" - Istituto Agrario, Macerata (Mc) de Italia e Leticia Pérez Domínguez da EOI de Vigo (Galicia-España), a este proxecto sumáronse como participantes Ana Isabel González Cruz da EOI de Pontevedra (Galicia-España), María Teresa Lorenzo Penedo da EOI de Vilagarcía de Arousa (Galicia-España) e Maike Neumann do Abendgymnasium der vhs stuttgart, Stuttgart, Alemaña.