La liste de mes envies no clube de leitura MjF 2.0

O venres 3 de xuño, ás 20h00 na biblioteca, dedicaremos a última reunión deste ano a comentar La liste de mes envies, de Grégoire Delacourt.

Publicado en 2012, trátase do segundo romance deste autor (Valenciennes, Norte de Francia, 1960) que se dedicou durante dúas décadas á publicidade antes de iniciar a carreira literaria. Unha obra que vendeu máis de un millón de exemplares en Francia, está traducida para 35 linguas e ten, desde 2014, unha versión cinematográfica. A súa protagonista é Jocelyne, ten 47 anos e está casada con Jocelyn. Viven nunha pequena cidade, teñen 2 fillos, e, de repente, ten a posibilidade de mudar todo na súa vida...

A reunión é aberta a toda a xente e na biblioteca hai exemplares en todas as linguas que se ensinan no centro.