Resultado das votacións e próxima reunión

As obras seleccionadas para seren lidas no último trimestre do ano nas votacións da semana pasada son as seguintes:

Lessico famigliare, de Natalia Ginzburg: 3 votos

Like life, de Lorrie Moore, Jesusalém, de Mia Couto, Perto do Coração Selvagem, de Clarice Lispector, e La liste de mes envies, de Grégoire Delacourt: 2 votos

As seguintes obras tamén recibiron 1 voto mais non resultaron escollidas:

Purple Hibiscus, de Chimamanda Ngozi Adichie, As mulheres do meu pai, de José Eduardo Agualusa; Il nero e l'argento, de Paolo Giordano; Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann, de Jonas Jonasson; The subterraneans, de Jack Kerouac; Le bleu est une couleur chaude, de Julie Maroh;  e A wild sheep chase, de Haruki Murakami.

Na do venres 29 tamén foi acordado que a próxima reunión, para debater sobre Maus, de Art Spigelman, será o venres 26 de febreiro.