Resultado da votación Montag jeden Freitag

Na reunión do venres 7 tiveron lugar as votacións das obras candidatas. O resultado foi o seguinte:

6 votos para Leite derramado

3 votos para Che la festa cominci, Bom dia camaradas e Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann.

2 votos para Cadernos do Subterráneo e En busca do carneiro selvaxe.

1 voto para Méthaphysiche des tubes e As Mulheres do meu Pai.

Por decisión dos participantes, o empate a tres votos foi desfeito a favor das obras de Ondjaki e Niccolò Ammaniti.

A próxima reunión será o venres 12 de decembro ás 20h00 na biblioteca e a obra obxecto de debate será Bom dia camaradas.

Boa leitura!