Presentación do libro Firegarden/Jardín-de-fuego de Gail Langstroth

 Presentación do libro Firegarden/Jardín-de-fuego de Gail Langstroth

Tras varios intentos, pandemia por medio, onte por fin puidemos gozar da presencia de Gail Langstroth, poetisa trilingüe e euritmista, para presentar na EOI de Vilagarcía o seu libro firegarden/Jardín-de-fuego. 

A súa actuación mesturou o amor de Gail polas linguas, polo movemento e pola poesía, achegando a súa arte ao alumnado e profesorado da Escola, que quedou cautivado pola súa representación. 

Encontros agardados tras moitos anos de correos electrónicos, e tamén reencontros inesperados entre o público!, firma de libros e flores, puxeron tamén de si para que a xornada fora moi especial. 

Na Biblioteca da EOI de Vilagarcía quedaron cinco exemplares do libro de poesía bilingüe para o voso desfrute.