Actividades e novas

Quico Cadaval na Escola

O programa de actividades da ENDL da EOI de Vilagarcía terá un dos seus momentos altos (até agora non tivo ningún baixo) na próxima quinta, 3 de decembro, ás 20h00 na sala de actos.

Será coa visita de Quico Cadaval. Sendo un nome fundamental na historia do teatro contemporáneo galego, poderíamoslle pedir que viñese falar desa experiencia, ou da súa faceta máis pop como profesor de interpretación na Operação Triunfo, mais queremos somente que durante unha hora e tal faga outra cousa que fai como ninguén: contar historias.

(A organización do evento solicita do público que desculpe o pormenor, completamente casual, de o convidado ser natural de Ribeira.)

Galeg@ pode ser calquera

O próximo 26 de novembro, ás 18h30 na sala de actos, a ENDL da Escola inaugura o seu programa de actividades para o presente ano. Será coa conversa multilingue cos profesores Roberta Maschi e Matthew Wellings. Os dous profesores da nosa escola, nacidos en dous países europeus distantes entre si, a Inglaterra e a Italia, vannos falar sobre a sua experiencia como falantes de galego e vannos dar a súa visión persoal sobre a situación das linguas no noso país.

PREMIOS SAMAÍN 2014

Grazas pola participación no concurso-exposición de cabazos organizado polo Departamento de Inglés e o Equipo de Dinamización.

1º premio:BEGOÑA ESTÉVEZ NÚÑEZ

2º premio:MARÍA ISABEL GALBÁN OUSO

Noraboa ás gañadoras!!

MÉRCORES DE CINE EN GALEGO

"MÉRCORES DE CINE"

 

MÉRCORES 21         MÉRCORES 28

 (SALÓN DE ACTOS - 19:00 HORAS) 

Organiza o EDL

GALICIA EN IMAXES

I Concurso de fotografía

Galicia en imaxes

O último día para entregar as fotografías é o mércores 14 de maio.

As persoas participantes deben retratar imaxes representativas de Galicia e acompañar cada fotografía cunha breve descripción, en lingua galega, de aspectos curiosos da mesma tales como a súa historia, a súa orografía ou a súa función.

As fotografías entregaranse na conserxería da escola, nun sobre co nome completo e estudos que cursa o seu autor ou autora na EOI. No interior do sobre deben meter o traballo sen marcas que o identifiquen.

O premio do xurado, consistente nun vale de compra en librería por un total de 60 euros, fallarase o mércores 21 de maio. Todos os participantes aceptan que o seu traballo sexa publicado pola EOI.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Curso 2013-2014

CERTAME DE MICRORRELATO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI organiza o 

II Certame de microrrelato

EOI Vilagarcía de Arousa

 

 As temática escollida polos membros do EDLG para a elaboración dos vosos relatos é: misterio

Apresentación de Maria de Eli Rios

O próximo xoves, 13 de febreiro, ás 20h00 na Biblioteca da EOI terá lugar a apresentación do poemario Maria, de Eli Rios, gañador do Premio de Poesía O Figurante. Desfrutaremos do privilexio de contar coa presenza da propia autora.

En palabras de Eli Rios, "Maria propõe uma viagem poética e potente na fantasia e a certeza do amor, vivenciado como espaço libertador. Esse lugar atravessado pelas coordenadas da história, a infância e o imaginário.

As figuras de beleza radical, os jogos verbais e as metáforas de alta voltagem tecem o fio que fechará as fisuras identitárias e composiçom coerente de todas as mulheres que conformam o feminino presente".

Lanzamento do libro MORDIDA

O próximo luns 21 de xaneiro ás 20.00 terá lugar na sala de actos da Escola a apresentación de Mordida, libro de poemas de Eugénio Outeiro, ex-profesor desta EOI (Ed. Através).

"A comida é o espaço em que se encontram o mercado e as tripas. Eugénio Outeiro reflecte sobre esta realidade no que é o seu segundo livro de poemas, empregando a alimentação ao mesmo tempo como metáfora e realidade do nosso Tânatos quotidiano.

Nado na Ilha de Arousa (Galiza) em 1976, mas já com sete anos levado para Ponte Vedra, Eugénio Outeiro define-se como poeta, budista zen, reintegracionista e professor de português. E no entanto, ainda que essa seja a ordem da sua preferência, talvez o tempo que dedica a cada coisa esteja a pedir uma inversão completa dos termos."

Lanzamento de 'Noente Paradise', libro de poemas de Ugia Pedreira

A polifacética artista Ugia Pedreira estará o próximo martes día 22 na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía. Con motivo do lanzamento do seu primeiro libro de poemas, Noente Paradise, a voz de grupos como Marful, Nordestinas, ou de históricos proxectos como Ecléctica Ensemble ou Chouteira virá cantar e recitar no Salón de Actos da EOI, acompañada da rapsoda Marina Oural e do escritor Carlos Quiroga. O acto é organizado polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística en colaboración co departamento de Portugués e dará comezo ás 20:00.

Distribuir contido