Fomento á lectura

Reunión de votación. Montag jeden Freitag 2.0

O venres 6 de novembro Montag jeden Freitag 2.0 reuniremonos ás 20h00 na biblioteca para a votación das primeiras tres obras de leitura neste ano académico. A lista das obras candidatas pode consultarse aquí e cada persoa ten que votar por dúas das obras. É posibel efectuar voto por e-mail através do enderezo biblio.eoivga@gmail.com indicando no asunto "votación Montag jeden Freitag". As mensaxes teñen que chegar antes da hora da reunión.

Pode ser útil para decidir o sentido do voto a consulta do sitio http://www.goodreads.com/

Se és nov@ no clube e non participaches na primeira reunión, podes indicar a(s) lingua(s) en que desexas ler, ben na túa mensaxe, ben na propia reunión.

Apresentación de Montag jeden Freitag 2.0

Montag jeden Freitag 2.0 é o clube de leitura plurilingüe da EOI de Vilagarcía. Con diferentes nomes e co mesmo formato, funciona desde 2013. Se queres coñecernos, o venres 23 de outubro terá lugar a reunión de apresentación. Será ás 20h00 na biblioteca e está aberta a todas as persoas interesadas. A lista de obras candidatas á leitura para o primeiro trimestre, que será escollidas en votación, xa podes consultala aquí.

Persépolis de Marjane Satrapi no clube de leitura

O venres 8 de maio, ás 20h00 na biblioteca, terá lugar a reunión do clube de leitura para debater a coñecida novela gráfica Persépolis, de Marjane Satrapi. Trátase dunha obra autobiográfica en que autora narra a sua infancia e o comezo da idade adulta durante e despois da Revolución Islámica no seu país, Irán.

Na biblioteca podedes encontrar exemplares en todos os idiomas que se ensinan na escola. A asistencia á reunión é libre.

Montag jeden Freitag votación e obras candidatas

O venres 6 de febreiro, ás 20h00 na biblioteca, terá lugar a reunión do clube de leitura para decidir as obras que vamos ler no último trimestre do ano. Podes consultar aquí os libros candidatos. Cada participante na reunión poderá votar por dúas obras.

Resultado da votación Montag jeden Freitag

Na reunión do venres 7 tiveron lugar as votacións das obras candidatas. O resultado foi o seguinte:

6 votos para Leite derramado

3 votos para Che la festa cominci, Bom dia camaradas e Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann.

2 votos para Cadernos do Subterráneo e En busca do carneiro selvaxe.

1 voto para Méthaphysiche des tubes e As Mulheres do meu Pai.

Por decisión dos participantes, o empate a tres votos foi desfeito a favor das obras de Ondjaki e Niccolò Ammaniti.

2ª reunión Montag jeden Freitag

O próximo venres 7 de novembro (20h00 na biblioteca) terá lugar a segunda reunión do clube de leitura Montag jeden Freitag. Nesa reunión terá lugar a elección, através de votación, das primeiras tres obras a ler durante este ano académico.

A lista de obras candidatas pode consultarse aquí e contén links para as fichas de cada obra nas diferentes linguas. Ademais, recoméndase tamén coñecer as opinións e valorizacións doutros leitores en www.goodreads.com.

Cada persoa dará o seu voto a dúas das obras e resultarán elexidas as tres que receban máis votos.

1ª reunión de Montag jeden Freitag

 

O venres 24 de outubro, ás 20h00 na biblioteca da EOI terá lugar a primeira reunión do Clube de Leitura. Será unha reunión informativa e aberta a todo o alumnado da EOI interesado en coñecer e participar nesta iniciativa. Será presentado o clube, o seu funcionamento, as obras candidatas a seren lidas e comentadas, a maneira de propor obras para a súa leitura posterior, o posíbel calendario de reunións e todas as outras cuestións que susciten interese dos participantes.

Clube de Lectura Found in Translation

Este ano continuaremos co clube de lectura na nosa escola. Para ver a información acerca dos diferentes clubes nos distintos idiomas e niveles, consultade na información dos distintos departamentos e disfrutade la lectura.

Distribuir contido