Taxas e procedemento de pagamento para os exames libres 2020

As taxas das EOI de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17/06).

Desglose dos conceptos a aboar:

  • Apertura de expediente: 22,00 € (só alumnado que se matricula por 1ª vez nunha EOI de Galicia)
  • Matrícula por cada idioma en réxime libre (convocatoria única): 46 €

Exencións:

  • Familia numerosa de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
  • Funcionarios/as dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio. de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matrícula, únicamente nas materias de nova matriculación.
  • As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%.
  • As vítimas de actos terroristas, así como os seus cónxuxes e fillos: exención do 100%.
  • As vítimas de violencia de xénero, así como as súas proxenitoras: exención do 100%.

Importante: en todos os casos se deberá acreditar documentalmente o dereito ás exencións.

Procedemento para aboar as taxas

Pode efectuar o pagamento de dous xeitos diferentes:

NAS ENTIDADES BANCARIAS:

  1. Pode xerar un impreso estándar Modelo A1 para o pagamento.
  2. Consigne nos impresos o importe da matrícula que ten que pagar.
  3. Efectúe presencialmente o ingreso do importe en calquera das entidades bancarias que figuran ao pé da folla de liquidación.
  4. Achegue os dous resgardos que lle devolva o banco  xunto coa demais documentación de matrícula.

POR INTERNET:

  1. Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia nesta ligazón, e siga a ruta: Servizos de acceso libre > Taxas, prezos, multas e sancións > Pagamento telemático de taxas e prezos > Iniciar (botón azul á dereita da pantalla). Consigne os seus datos persoais e os códigos de tramitación* e dea a orde de pago.
  2. Para que este trámite teña validez, a aplicación deberálle xerar un xustificante de pago (modelo 730), no que conste un código seguro de verificación (CSV), composto de 16 caracteres alfanuméricos.
  3. Achegue unha copia deste modelo xunto coa demais documentación de matrícula. Posteriormente, a secretaría do centro contrastará os datos do pagamento a través da Consellería de Economía e Facenda.

Códigos de tramitación:

Consellería de: Cultura, Educación e Ordenación Universitaria 07
Delegación de: Lugo 20
Servizo de: Ensino medio 03
Taxa: denominación: Escolas oficiais de idiomas 350800

Proxectos

Erasmus

2018-19: FalArte

2017-18: Alimentación e saúde

2016-17: Viaxar