Taxas e procedemento de pagamento

Taxas e procedemento de pagamento

 

 

Canto custa estudar na EOI?

 

As taxas das EOI de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17/06).

 

A matrícula para un ano de estudos dun só idioma nas EOI de Galicia custa entre 0 e 127 €, dependendo do tipo de alumnado e das exencións ás que poida ter dereito.

 

Titorial sobre o pago de taxas

 

 

Que teño que pagar?

 

A) Matrícula alumnado oficial

Apertura de expediente académico:

22,00 €

(só alumnado que se matricula por 1ª vez nunha EOI de Galicia)

Servizos xerais:

13 €

(só alumnado oficial e unha soa vez por curso escolar, independentemente do número de idiomas cursados)

Matrícula por cada idioma en réxime oficial:

92 €

 

 

B) Alumnado libre

Apertura de expediente académico:

22,00 €

(só alumnado que se matricula por 1ª vez nunha EOI de Galicia)

Servizos xerais:

13 €

(só alumnado oficial e unha soa vez por curso escolar, independentemente do número de idiomas cursados)

Matrícula por idioma en réxime libre

46 €

(convocatoria única)

 

C) Outras taxas

Proba de clasificación

17 €

 

Cursos de actualización e especialización para público en xeral (monográficos)

1,5 €

(prezo por hora)

 

 

Que exencións e bonificacións hai?

 

Importante: en todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións no momento de formalizar a matrícula.

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%
  • Familias numerosas de categoría xeral: bonificación do 50% do importe total
  • Persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
  • Vítimas de actos terroristas, cónxuxes e fillas/os: exención do 100%
  • Alumnas vítimas de violencia de xénero e fillos/as: exención do 100%
  • Funcionarios/as dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio. de educación (BOE do 04/05): exención do pagamento dos prezos públicos agás os correspondentes á apertura de expediente e servizos xerais, unicamente nas materias de nova matriculación. (os repetidores perden a exención)

 

  • Bolsas para estudos de idiomas: deberá acreditarse coa documentación xustificativa de ter solicitado a axuda ou bolsa para estudos de idiomas. Unha vez resolta a convocatoria, o alumnado beneficiario deberá presentar a súa credencial de bolseiro na secretaría do centro. En caso de non resultar beneficiario, o alumnado deberá aboar os prezos correspondentes á matrícula, á apertura de expediente, aos servizos xerais xunto cos xuros de demora correspondentes que efectuará nun único pagamento no prazo dun mes desde a publicación da resolución pola que se conceden ou denegan as bolsas. No caso de non efectuar o pagamento procederase á anulación da matrícula.

 

Pago aprazado

 

A modalidade oficial permite fraccionar e aprazar as contías referidas exclusivamente ao concepto de matrícula: o 50% no momento da matrícula e o resto antes do 31 de xaneiro (antes do 31 de novembro no caso dos cursos intensivos cuadrimestrais).

 

No caso de optar por esta modalidade de pago da matrícula, é preciso entregar o documento para o pago do 2º prazo, cos 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación do pago fraccionado, cuberto e asinado, xunto co certificado da conta bancaria, onde conste o IBAN e a titularidade do alumno/a.

 

A modalidade libre non permite o aprazamento do pago.

 

 

Exemplos de taxas
 

MODALIDADE OFICIAL

1 idioma e/ou nivel

2 idiomas e/ou nivel

3 idiomas e/ou nivel

Proba de clasificación

Tipo de alumnado

Alumnado ordinario novo (1)

127

219

311

17

Alumnado ordinario antigo (1)

105

197

289

17

Familia numerosa xeral novo (1)

63,50

109,50

155,50

8,50

Familia numerosa xeral antigo (1)

52,50

98,50

144,50

8,50

Familia numerosa especial;
 vítimas de actos terroristas, cónxuxes e fillos/fillas;
 alumnas vítimas de violencia de xénero e fillos/fillas

0

0

0

0

Minusvalías >= 33%

0

0

0

0

Funcionaria/o docente nova/o (1,2)

35

35

35

0

Funcionaria/o docente antiga/o (1,2)

13

13

13

0

 

(1) Por alumnado “novo” enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia, se pola contra estivo xa matriculado nalgunha EOI de Galicia considérase “antigo”

 

(2) As/Os funcionarias/os docentes dos corpos establecidos na Lei orgánica 2/2006só teñen exención na primeira matrícula para cada idioma e/ou nivel, non é de aplicación no caso de que repitan curso.

 

 

Procedemento para aboar as taxas

Importante: Non se admiten fotos dos documentos, deben achegarse escaneados

 

Pode efectuar o pagamento de dous xeitos diferentes:

NAS ENTIDADES BANCARIAS:

1.   Pode xerar un impreso estándar Modelo AI, xerado electronicamente e impreso desde o enderezo: http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos para o pagamento e consignando os seus datos persoais e os códigos de tramitación* Consigne nos impresos o importe da matrícula que ten que pagar.

2.     Efectúe presencialmente o ingreso do importe en calquera das entidades bancarias que figuran ao pé da folla de liquidación.

3.     Achegue escaneados (non en foto) os dous resgardos que lle devolva o banco  xunto coa demais documentación de matrícula.

POR INTERNET

1.     Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia nesta ligazón, e siga a ruta: Cidadáns>Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa>Premer no cadeado aberto>Inicia taxa (botón azull á dereita da pantalla). Consigne os seus datos persoais e os códigos de tramitación* e dea a orde de pago.

2.     Para que este trámite teña validez, a aplicación deberálle xerar un xustificante de pago (modelo 730), no que conste un código seguro de verificación (CSV), composto de 16 caracteres alfanuméricos.

3.     Achegue unha copia escaneada (non valen fotos) deste modelo xunto coa demais documentación de matrícula. Posteriormente, a secretaría do centro contrastará os datos do pagamento a través da Consellería de Economía e Facenda.

 

 

*Códigos de tramitación:

Consellería de: Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

07

Delegación de: Lugo

20

Servizo de: Ensino medio

03

Taxa: denominación: Escolas oficiais de idiomas

350800

 

 

 

 

 

MODALIDADE LIBRE

1 idioma e/ou nivel

2 idiomas e/ou nivel

3 idiomas e/ou nivel

 

Tipo de alumnado

 

Alumnado ordinario novo (1)

68

114

160

 

Alumnado ordinario antigo (1)

46

92

138

 

Familia numerosa xeral novo (1)

34

57

80

 

Familia numerosa xeral antigo (1)

23

46

69

 

Familia numerosa especial;
 vítimas de actos terroristas, cónxuxes e fillos/fillas;
 alumnas vítimas de violencia de xénero e fillos/fillas

0

0

0

 

Minusvalías >= 33%

0

0

0

 

Funcionaria/o docente nova/o (1,2)

22

22

22

 

Funcionaria/o docente antiga/o (1,2)

0

0

0

 

 

(1) Por alumnado “novo” enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia, se pola contra estivo xa matriculado nalgunha EOI de Galicia considérase “antigo”

 

(2) As/Os funcionarias/os docentes dos corpos establecidos na Lei orgánica 2/2006só teñen exención na primeira matrícula para cada idioma e/ou nivel, non é de aplicación no caso de que repitan curso.