Oferta educativa

Modalidades de estudo

1. Cursos ordinarios

 

Neste curso académico 2022-23 os cursos ordinarios de inglés que se imparten na Extensión de Sarria son anuais, con 120 horas de duración (de setembro a maio) repartidas en dúas sesións semanais de 2 horas.

O plan de estudos deste idioma articúlase en tres niveis e oito cursos, dos que seis impártense en Sarria:

a) Nivel básico: dous cursos (A1=nivel A1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL) e A2=nivel A2 do MECRL).

b) Nivel intermedio: tres cursos (B1=nivel B1 do MECRL; B2.1 e B2.2=nivel B2 do MECRL).

c) Nivel avanzado: un curso (C1.1 = primeiro curso de nivel C1 do MECRL).

 
 
Nivel
Cursos
MECRL
 
 
BÁSICO
 
 
Básico A1
 
A1
 
Básico A2
 
A2
 
 
 
INTERMEDIO
 
 
Intermedio B1
 
B1
 
Intermedio B2.1
 
Intermedio B2.2
 
 
 
B2
 
 
 
AVANZADO
 
 
 
Avanzado C1.1
 
 
 
 
C1
 
 
 
 
------------------------
 
 
2. Alumnado libre.
Sobre o mes de novembro está previsto que se abra o período de matrícula para as persoas que desexen obter os certificados da EOI examinándose por libre (sen dereito a asistir ás clases). É posible matricularse en calquera nivel destas probas libres de certificación, que teñen lugar só na sede central da EOI de Lugo nunha única convocatoria por curso e no mes de febreiro,  non en xuño como viña sendo habitual. Toda a información relevante irase publicando na web da EOI de Lugo.

Proxectos

2020-21

Poetizamos

as aulas

2019-20

Os medios de

comunicación

2018-19

FalArte

2017-18

Alimentación e

saúde

2016-17

Viaxar

Distribuir contido