Probas

Resultados das probas extraordinarias e revisión de exames

O alumnado da Extensión de Sarria poderá acceder en CentrosNet aos resultados das súas probas finais da convocatoria extraordinaria a partir do día 29 de xuño ás 23:00 h.

Aquelas persoas que desexen revisar as súas probas, serán atendidas polo profesorado entre as 10:00 e as 12:00 horas do día 30 de xuño.

Publicación de resultados da avaliación ordinaria de 2023 en CentrosNet

Os resultados das probas da avaliación ordinaria do curso 2022-23 estarán accesibles para o alumnado na aplicación CentrosNet ás 23:59 horas do venres 16 de xuño de 2023.

 

Guías das probas de certificación 2022-23

Na seguinte ligazón da páxina web da EOI de Lugo están dispoñibles as guías das probas de certificación do curso 2022-23:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33374  

Distribuir contido