PEDIMOS DESCULPAS POR TER OMITIDO O ALUMNADO DE FP NA PUBLICIDADE DAS BASES DA ACTIVIDADE "ENJOY LOCAL" (CONCURSO DE RECENSIÓNS EN INGLÉS SOBRE ESTABLECEMENTOS DA COMARCA QUE ESTÁ ABERTO ATA O DÍA 23 DE FEBREIRO), ERRO DO QUE NOS DECATAMOS GRAZAS AO PROFESORADO DE INGLÉS DE CICLOS DE FP DO IES GREGORIO FERNÁNDEZ.
O ALUMNADO DE FP (QUE TAMÉN ESTUDA INGLÉS EN ENSINANZAS SECUNDARIAS) SI PODERÁ PARTICIPAR NA ACTIVIDADE. ANIMÁMOSVOS A CONCURSAR. https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=4689
Evento aberto a toda a comunidade escolar da Extensión da EOI en Sarria e do IES Gregorio Fernández. No hall da parte do instituto que da ás pistas deportivas, a partir das 19:30 horas do xoves 17 de novembro.
Pensado para socializar e desfrutar de música, doces e bebidas sen alcohol e dun espazo de cesión, troco e simulación de compra, interactuando en inglés cada quen na medida das súas posibilidades. Remataremos cun bingo con premio.
Achega a túa contribución voluntaria de doces a partir do martes. O día do evento podes traer roupa, libros ou outras cousas en bo estado que queiras donar para animar o mercadiño.
Máis información nos foros das aulas virtuais, falando co profesorado da EOI en Sarria ou escribindo a eoi.lugo.sarria@edu.xunta.gal .
O LUNS DÍA 5 DE DECEMBRO E O MÉRCORES 7 DE DECEMBRO DE 2022 SON PARA NÓS DÍAS LECTIVOS E TEREMOS CLASES CON NORMALIDADE NAS AULAS DA EOI EN SARRIA.
O DÍA NON LECTIVO DESTE CURSO PARA NÓS, COINCIDINDO CO I.E.S. GREGORIO FERNANDEZ, SERÁ O MARTES 2 DE MAIO DE 2023.
Lémbrase ao alumnado con diversidade funcional (dificultades sensoriais ou motoras) que desexe solicitar adaptacións nas súas probas de avaliación que deberá, se non o fixo xa no momento de matricularse, CUBRIR E ACHEGAR O ANEXO V ANTES DO 8 DE OUTUBRO.
O anexo V atópase no seguinte enderezo da páxina web da EOI de Lugo:
Poden achegalo ao correo electrónico da xefatura de estudos da extensión de Sarria:
eoi.lugo.sarria@edu.xunta.gal
En cumprimento do establecido no artigo 11, punto 6, do Decreto 81/2018 do 19 de xullo, onde se recolle que o deseño, a administración e a avaliación das probas para a obtención dos certificados por parte do alumnado con diversidade funcional terán que basearse nos principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e compensación de desvantaxes, e que os procedementos de avaliación conterán as medidas que resulten necesarias para a súa adaptación ás necesidades especiais deste alumnado
Terán lugar no primeiro andar do Instituto de Ensinanza Secundaria Gregorio Fernández, na rúa Castelao s/n en Sarria, nas seguintes datas e horas:
LUNS 12 DE SETEMBRO
Ás 18:00 h. B2.2 coa profesora Isabel Lorigados na aula 120
MARTES 13 DE SETEMBRO
Ás 16:00 h. B1-10 coa profesora Isabel Lorigados na aula 120
Ás 16:00 h. C1.1 co profesor Antonio Iturralde na aula 119
XOVES 22 DE SETEMBRO
Ás 20:00 h. B1-11 coa profesora Isabel Lorigados na aula 120
Ás 20:00 h. A2 co profesor Antonio Iturralde na aula 119
LUNS 26 DE SETEMBRO
Ás 20:00 h. B2.1 coa profesora Isabel Lorigados na aula 120
Ás 20:00 h. A1 co profesor Antonio Iturralde na aula 119
É importante a asistencia, xa que se dará toda a información sobre os cursos e a avaliación e comezarán as clases.
Continúa aberto durante a 1ª quincena de setembro o prazo de matrícula para o curso 2022-23 en todos os grupos de inglés de Sarria. A matrícula realízase a través da internet na páxina web da Escola Oficial de Idiomas de Lugo: http://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/node/2006
Teléfono 982 82 92 30 eoi.lugo.sarria@edu.xunta.gal
Prema no documento adxunto para consultar a oferta de grupos na Sección de Sarria para o vindeiro curso 2021-2022.
Consulta o ficheiro adxunto para ver o protocolo Covid para os exames 2021 na Sección de Sarria.