Actividades

Palestra: "Historia e memoria do LGBTI na Galiza"

Con Daniela Ferrández, hDaniela Ferrándezistoriadora e activista LGBTI.

Xoves 18 de marzo de 2021 ás 18:00  en Webex  https://eduxunta.webex.com/meet/kerdudo

Organiza o EDLG

Club de lectura en galego

Ramon Vilar LandeiraMartes 20 de abril de 2021 ás 20:00 en Webex https://eduxunta.webex.com/meet/kerdudo

Reunión do Club de lectura do EDLG e do Departamento de galego para falarmos do libro de Ramón Vilar Landeira Un peixe no parqué, de Edicións Xerais coa participación do autor. O libro está dispoñíbel na biblioteca. Apúntate, manda un correo á coordinadora ikerdudo@eoisantiago.org.

Club de lectura en galego

Club de lecturaReunión do Club de lectura do Equipo de dinamización da lingua galega e do Departamento de galego para falarmos do libro de Noa Pérez González O ocaso da familia Portela (Editorial Barbantesa), coa participación da autora.

Xoves 28 de xaneiro de 2021 das 18:00 ás 19:30 en Webex.

Apúntate! Manda un correo á coordinadora, ikerdudo@eoisantiago.org.

Club de lectura en galego

Club de lectura de galegoApúntate ao club de lectura, con esta novela negra, a viaxe está asegurada!

A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co balbordo da outra beira... Despois de Ollos de auga e A praia dos afogados, o famoso Leo Caldas volve coa nova obra de Domingo Villar, O último barco.

Mércores 29 de abril 2020 ás 17:00 horas na biblioteca.

'Se fosen turistas, levarían gafas de sol', unha coprodución de Limiar Teatro e o Centro Dramático Galego

Se fosen turistas levarían gafas de solSe fosen turistas levarían lentes de sol (2019/2020) céntrase na emigración e como esta cambia a sociedade de orixe e de destino. A partir da experiencia dos intérpretes coa emigración constrúese un mosaico de ideas, reflexións e sensacións. Utilízase a emigración como escusa para tratar os temas de identidade. permeabilidade social e memoria.

Os membros da comunidade educativa teñen a oportunidade de gozar desta representación teatral ao prezo reducido de 3€. Recolle o teu bono desconto na conserxería do centro!

Máis información en http://centrodramatico.xunta.gal.

Club de lectura en galego

A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de GuernseyGústache ler e compartir as túas ideas con outras persoas?  Para empezar imos ler A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows, dispoñíbel na biblioteca en varios idiomas. Non o penses máis, le e ven pasar un bo momento con nós!

Mércores 13 de novembro de 2019 ás 17:00 na Biblioteca.

Organiza o EDLG

II Xornada de tradución (1ª sesión)

O mércores 10 de abril do 2019 ás 19:30, no salón de actos, ven escoitar a profesionais da tradución, e pon a proba a túa habilidade tradutora! Mesa redonda sobre a o mercado actual da tradución ao galego, para o que contaremos coa presenza de dous profesionais deste eido: María Xosé García Chao, Gabriel Álvarez Martínez.

Con especial atención ao audiovisual e a publicacións en lingua francesa, inglesa, portuguesa ou xaponesa, a mesa redonda tratará sobre:

Distribuir contido