Actividades

Iceberg colaborativo contra a violencia de xénero

Xuntémonos contra a violencia de xénero! Cantos termos podemos dicir para colaborar co iceberg sobre violencia de xénero?

Escribe nas etiquetas de papel adhesivo termos relacionados coa violencia de xénero. Coloca as manifestacións visíbeis na parte superior e as manifestacións que non se ven debaixo do nivel da auga. Os que se sitúan na parte superior amosan aquel tipo de violencia máis visible, os que fican debaixo da auga refírense á violencia que non se ve, pero que igualmente existe.
Cada idioma ten unha cor determinada; haberá sete cores correspondentes aos sete idiomas da escola.

Café negro con letras

Tras a visita á biblioteca, descubriremos as obras máis negras de entre todos os fondos bibliográficos. Logo comentaremos e recomendaremos as nosas lecturas favoritas en galego mentres tomamos café. Vide!

O mércores 21 de novembro  das 16:00 ás 18:00 na biblioteca do centro.

Constitución do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Interésache a lingua e a cultura galega? Queres formar parte do Equipo? Ven participar á reunión ou manda un mail á coordinadora  ikerdudo@eoisantiago.org

O mércores 17 de outubro de 2018 ás 12:00 na aula 10

Organiza EDLG 

Divinas Palabras Revolution, a nova produción do CDG

XRon dirixe esta adaptación, a primeira en idioma galego, da coñecida obra de Valle-Inclán, que lle ofrecerá ao público unha ollada actual e desinhibida da traxicomedia valleinclaniana, ambientada aquí na "aldea global" fronte a "aldea" do orixinal.

Divinas Palabras Revolution poderá verse ata o 29 de abril no Salón Teatro, onde o Centro Dramático Galego levará a cabo 16 funcións. As de público xeral desenvolveranse de xoves a sábados, ás 20,30 h., e os domingos, día do espectador, ás 18,00 h. Así mesmo, os espectadores terán a oportunidade de intercambiar impresións co equipo da montaxe tras o pase dos xoves nos chamados Encontros co Público.

O CDG ofrece ao alumnado da EOI un prezo especial de 5€. Recolle o teu bono desconto na conserxería presentando o teu carnet!!!

Conversa con Anxo Moure

Anxo MoureTitiricletas, ciclobibliotecas, cesticlestas, minicletas, a imaxinación pedalea en bicicleta.

O mércores 11 de abril de 2018 ás 18:00 h no salón de actos.

Anxo Moure contacontos, escritor e activista no ecoloxismo e ecopacifismo. O seu proxecto Contos Solidarios defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.

Visita á exposición "Pergamiño Vindel: Un tesouro en sete cantigas".

O PRAZO PARA APUNTARSE ACABA O LUNS 19 ÁS 13:00

Queres visitar unha xoia da nosa literatura medieval? Ven connosco ao Museo do Mar de Galicia (Vigo) e gozarás dunha experiencia única...

Data: 21 de febreiro de 2018
Prezo: 8 euros (traxectos de ida e volta; a entrada ao museo é de balde)
Inscrición e pagamento: conserxaría da EOI  (25 prazas)
Hora de saída: 15.00 h          Hora de chegada: 21.00 h

Acto de presentación de aRi[t]mar 

aritmarO martes 20 de febreiro ás 18:30 faranse públicas as músicas finalistas aRi[t]mar 2017/2018 e comezarán as votacións. Ademais no acto celebrado no salón de actos da EOI de Vite vanse entregar de 6 lotes de libros e CD correspondentes as votacións do certame aRi[t]mar 2016/2017. 

Martes 20 de febreiro ás 18:30 na aula 8 da EOI de Vite

Charla con Antonio Fernández Guiadanes: As cantigas medievais galego-portuguesas e a tradición manuscrita

Pergamiño VindelCo gallo da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Vigo, viaxaremos ao noso pasado medieval. Unha actividade divulgativa destinada a todo o alumnado da EOI. Será un achegamento á lírica medieval galego-portuguesa e aos códices manuscritos, especialmente ao Pergamiño Vindel.

Charla con Alba Nogueira - "A lingua galega na lexislación actual: dereitos e deberes lingüísticos"

Alba NogueiraUnha actividade destinada ao alumnado dos cursos de linguaxe administrativa galega na que se irán analizando, dentro do marco lexislativo actual, os dereitos e os deberes lingüísticos da cidadanía e do funcionariado.

Distribuir contido