2008-2009

A Guadalupe

 

OLA, EU SON JORGE.

XA TEÑO CATRO ANOS E VIVO EN RIANXO.

CANDO CHEGAN AS FESTAS DA GUALALUPE A MIN GÚSTAME MOITO IR , PORQUE HAI COHES DE CHOQUE NOS QUE VOU CO MEU PAI E UNHA PISTA DE SCALEXTRIC NA QUE XA VOU EU SÓ.

TAMÉN ME GUSTA IR VER AS ORQUESTRAS E COMPRAR GOMINOLAS.

A GUADALUPE É UNHA FESTA MOI BONITA E É A MIÑA FAVORITA.

( TEXTO: FAMILIA DE JORGE )

Visita a comercios de Campo de Pasos ( Taragoña)

A escola de Cruceiro está situada en pleno centro comercial de Taragoña : bancos, cafeterías e restaurantes, farmacia,estanco ... están a un paso da escola. Dende hai uns meses, e durante dúas mañás ó mes, instálase tamén un mercadillo na praza que hai na beira da escola.

Estas mañás soleadas de marzo animáronnos a saír a facer algunhas compras e aproveitamos tamén para saudar a familiares e veciños.

Na floristería de Carmela mercamos algunhas plantas e distinto material de xardinería.

No supermercado mercamos alimentos doces, salgados, ácedos e amargos.

Na librería da mamá de Jorge mercamos varias caixas de ceras.

Na carnicería saudamos á tía de Miguel e lembramos que cando consumimos carne estamos dándolle ó corpo un montón de proteínas.

Na xoiería saudamos á mamá e á tía de Sergio e escoitamos as explicacións que nos deron sobre o seu oficio.

Foron unhas visitas ben interesantes !! 

E gastamos ben poucos cartos !!

 

 

...Republica Dominicana

 

OLA, SON PATRICIA.

QUÉROVOS FALAR DA REPÚBLICA DOMINICANA PORQUE A MIÑA MAMÁ E O MEU IRMÁN NACERON ALÍ.

A REPÚBLICA DOMINICANA ESTÁ NA SEGUNDA ILLA MÁIS GRANDE DO CARIBE. ALÍ HAI CLIMA TROPICAL, SEMPRE VAI MOITA CALOR E CHOVE DE FORMA TORRENCIAL CASE A DIARIO.

UNHA DAS PLANTAS MÁIS ABUNDANTES QUE MEDRAN NESTAS TERRAS SON OS COCOTEROS, UNHAS ALTÍSIMAS PALMEIRAS QUE TEÑEN COMO FROITO OS COCOS. OS COCOS SON MOI SABOROSOS E FORMAN PARTE DA ALIMENTACIÓN BÁSICA DOS DOMINICANOS PERO TAMÉN PODEN SUPOÑER UN GRANDE PERIGO SE Ó DESPRENDERSE DO ALTO DAS PÓLAS CHOCAN CONTRA ALGO OU ALGUÉN NA SÚA CAÍDA. Ó MEU BISAVÓ CAEULLE UN COCO ENRIBA E TARDOU MOITÍSIMOS ANOS EN RECUPERARSE DO ACCIDENTE !!

HAI MOITÍSIMAS CLASES DE ANIMAIS, MOITOS SON IGUAIS A ALGÚNS DOS QUE VEMOS POR RIANXO, PERO HAINOS TAMÉN BEN DISTINTOS :

AVES COMO AS SIGUAS PALMEIRAS, AS GALIÑAS DE AUGA OU AS COTORRAS ( QUE BARULLO MONTAN ESTAS !! ).

MAMÍFEROS MARIÑOS COMO OS FERMOSOS MANATÍES OU VACAS MARIÑAS, QUE OS NAVEGANTES  DOUTROS TEMPOS CONFUNDÍAN CON FERMOSAS SEREAS.

RÉPTILES COMO AS  GRANDES TARTARUGAS OU OS CROCODILOS AMERICANOS, EN PERIGO DE EXTINCIÓN, QUE VIVEN NA LAGOA MÁIS GRANDE DA ILLA, O LAGO ENRIQUILLO.

CANDO CRISTÓBAL COLÓN CHEGOU A ESTA PARTE DO MUNDO, AS ILLAS DO CARIBE HABITÁBANAS OS TAÍNOS. ENRIQUILLO É O NOME DUN DOS SEUS CACIQUES.

OS TAÍNOS VIVÍAN EN CASAS DE MADEIRA, FOLLA DE PALMA E BARRO CHAMADAS BOHÍOS.

TODOS OS TAÍNOS DA REPÚBLICA DOMINICANA MORRERON, DISE QUE OS ÚLTIMOS DE TRISTEZA. PERO PARTE DO SEU MUNDO SIGUE VIVINDO AÍNDA HOXE EN DÍA NO IDIOMA,  NA COMIDA TRADICIONAL, NA CULTURA POPULAR... (SEBEDES QUE CANOA, HURACÁN, HAMACA, MARACA,BARBACOA, TABACO...SON PALABRAS TAÍNAS?)

 

   TEXTO RECOLLIDO NA CHARLA OFRECIDA POR SANDRA, NAI DE PATRICIA, AOS NENOS DA AULA DE 5 E 4 ANOS.

GRAZAS, SANDRA!!

HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES

   

Onte ás 18:00, celebrouse como estaba previsto a charla sobre Hábitos Alimenticios na Infancia organizada conxuntamente polo Departamento de Prevención das Drogodepencias do Concello de Rianxo e polo Departemento de Orientación do C.R.A. de Rianxo. 

A dietista Gema,  con exemplos e referencias a situacións da vida cotidiana, expuso os principios básicos dunha alimentación saudable na Infancia e que podemos resumir en educar aos nenos e nenas a comer e ben e en procurar unha dieta alimenticia variada e equilibrada, base dunha alimentación saudable. A partir dos 18 - 24 meses o neno é capaz de incorporar á súa dieta todos os alimentos nas súas variadas formas de presentación propias da alimentación adulta. A partir desta idade é capaz de recoñecer os alimentos polo seu sabor, olor, color e forma e é neste momento cando comeza a elexir que elementos quere cas non.

A educación alimentaria dos nenos e nenas nesta etapa debe dirixirse pois a conseguir neles uns hábitos alimentarios que incluan un consumo equilibrado  e  variado de todos os alimentos base da alimentación saudable.

Como consellos concretos Gema propuso:

  1. Non ao uso do biberón e do chupete a partir dos 18-24 meses
  2. Horarios estables e fixos para as comidas
  3. Comer todos á mesma comida, evitando, comidas especiais, "para o neno"
  4. Evitar a tele á hora das comidas.
  5. Planficar para  a xornada diaria cinco inxestas: almorzo, tenteempé da mañán, comida, tenteempé da tarde e cea.
  6. O almorzo debe ser unha das comidas principais e deben incluir todos os grupos alimentarios: lacteos, cereais e froita.
  7. A comida debe incluir tres pratos:
    1. arroz, pastas, verduras, sopa  ..
    2. carne, peixe ou ovos
    3. froitas variadas ou lacteos.
  8. A cea deberá incluir tamén dous pratos, mais leviás cá na comida
  9. Nos tenteempés debe evitarse un exceso de inxesta de alimentos que afecten o apetito dos nenos/as á hora da comida ou da cea.
  10. Evitar o abuso de lácteos.
  11. En resumo será equilibrada aquela dieta, que se reparta en:
    1. un 50% de hidratos de carbono
    2. un 30% de graxas
    3. un 20% de proteinas

Gema insistiu na dieta variada, en todos os seus grupos alimenticios: lacteos, legumes, froitas, carnes e peixes e na necesidade dunha adecuada educación alimentaria dos nenos/as que supón sobre todo evitar as conductas alimentarias caprichosas, cauas na idade adulta de moitas enfermedades.

A charla resultou amáis de interesantes, moi agradable con participación e  intevencións dos pais e nais asistentes.

Tobías Betanzos Rego

Asados 18 de Marzo de 2.009

VISITAMOS GALIZA DIXITAL

O VENRES PASADO VISITAMOS GALIZA DIXITAL EN  SANTIAGO DE COMPOSTELA. 

ANDIVEMOS POLAS RÚAS ANTIGAS,

VIMOS ONDE ESTUDIAN OS MÉDICOS  E OS CURAS (FACULTADE DE MEDICIÑA ),

A CATEDRAL POR UN LADO,

MERENDAMOS, XOGAMOS E, CANDO FOI HORA, ENTRAMOS EN GALIZA DIXITAL

(PRESTÁRONNOS UNHAS GAFAS COAS QUE SE VÍAN MOI BEN OS VIDEOS).

  

 

FIXEMOS DE TIRABOLEIROS E ESCOITAMOS ATENTAMENTE Ó UROGALO DOS ANCARES

 

XOGAMOS COA TERRA, CO MAR E CO AIRE E DESPOIS ESCOITAMOS A ROBITA

 

 

E O MÁIS DIVERTIDO: FIXEMOS UNHA VIAXE NUN SUBMARINO

 

PASÁMOLO MOI BEN !

 

GALOPÍN E TROTÓN EN PAZO

CANDO JOSE TRAE A GALOPÍN E A TROTÓN Á NOSA ESCOLA 

(E VAI BO TEMPO) QUERE DICIR QUE VAMOS FACER

EDUCACIÓN FÍSICA NO PATIO DE FÓRA.

CO QUE NOS GUSTA A NÓS!!! 

XA VAI DE DÚAS VECES QUE NOS VISITAN, E NOS, ENCANTADOS.

POÑÉMONOS NA LIÑA, E....

PREPARADOS!, LISTOS! E ALÁ VAMOS!

 

COMO CORREN TANTO, LOGO ENTRALLES A FAME E TEMOS QUE TER MOITO COIDADO PORQUE COMENLLES AS FILLOAS ÓS VECIÑOS!!!

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

A SEMANA PASADA TIVEMOS NA ESCOLA UNHA VISITA MOI ESPECIAL. ELOI TROUXO A SUA MASCOTA, UN COELLO QUE SE CHAMA "MORDISQUITOS".

 

ESTIVÉMOLO MIRANDO, FALAMOS DO PEQUENO E SUAVE QUE E, DE QUE E UN MAMIFERO, QUE ESTA CUBERTO DE PELO, QUE AS CRIAS NACEN DA BARRIGA DA SÚA MAMA E DE QUE CANDO SON PEQUENOS SE ALIMENTAN DE LEITE ( IGUALIÑO QUE NOS).

ELOI E O SEU IRMÁN SERGIO, CONTÁRONNOS QUE A MORDISQUITOS LLE GUSTA MOITO COMER PALLA SECA E PIPAS E QUE TAMÉN LLE GUSTA QUE O ACARIÑEN.

CANDO FALEMOS DOS ANIMAIS NA ESCOLA IGUAL VOLVE MORDISQUITOS E VEMOS O MOITO QUE MEDROU!!!

UN BICO DOS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE CRUCEIRO

...Lanzarote

 

Ola, son Yaiza .

Quérovos falar sobre Lanzarote, unha das illas canarias, porque ata os catro anos  vivín alí cos meus pais e antes de ir á escola do Cruceiro fun alí á gardería e a unha escola onde case rematei o primeiro curso de Educación Infantil.

Das 7 illas que ten Canarias, a illa de Lanzarote foi nominada Parque Natural Reservado pola cantidade de volcáns que ten e a súa paisaxe de lava volcánica, o cal é propicio para o turismo, que é do que maiormente vive esta illa dada a cantidade de hoteis e praias que hai alí. Lanzarote é unha illa de lava e terra negra onde medran poucas árbores e plantas.

O parque de Timanfaya está no sur da illa de Lanzarote. Este parque nacional ten 20 volcáns, dos cales só 2 teñen posibilidade de ter unha erupción, por eso están controlados en todo momento por uns especialistas que teñen alí instalado o seu laboratorio.

Este lugar é o máis visitado polos turistas porque se ofrece unha excursión en camello percorrendo todo o parque para observar os volcáns e o territorio volcánico.

( Vedes o camello que hai detrás de min?) 

 

texto: familia de Yaiza

Casas.

 

OLA, SON DESI.

QUÉROVOS FALAR DA MIÑA CASA.

A MIÑA CASA É MOI INTERESANTE PARA A MIÑA FAMILIA PORQUE ESTE ANO ESTÁ DE CUMPREANOS E NON É UN ACONTECEMENTO CALQUERA, É ESPECIAL PORQUE É O SEU CENTENARIO. ESO SIGNIFICA QUE CUMPRE 100 ANOS.

A ESTRUCTURA DE FÓRA É TODA DE PEDRA. AS PEDRAS TROUXÉRONNAS TODAS DO MONTE OS NOSOS TATARAVÓS NUN CARRO CON VACAS.

NÓS XA SOMOS A QUINTA XERACIÓN QUE PASA A OCUPAR ESTA CASA. CADA UNHA DAS XERACIÓNS DISFRUTOUNA MOITO E FOINA MANTENDO BEN.

PARA DESPEDIRME QUERO ENSINARVOS AS MARAVILLOSAS VISTAS QUE TEMOS

 

texto: familia de Desi

Distribuir contido