2008-2009
UN LIBRO SORPRESA
HOXE LOLI TROUXO Á ESCOLA DO PAZO UN LIBRO
QUE NOS GUSTOU MOITO.
NA ASAMBLEA MIRÁMOLO E NON TIÑA LETRAS. Ó LADO DO LIBRO HABÍA
UNA LANTERNA, NON SABÍAMOS MOI BEN PARA QUE ERA.
LOLI DEUNOS ALGUNHA PISTA.
LOGO TIVEMOS QUE PENSAR NUN SITIO ESCURO E ALÍ DESCUBRIRÍAMOS
A SORPRESA QUE AGOCHABA ESTE CONTO.
DECIDIMOS IR Á ENTRADA DA NOSA ESCOLA, PECHAR AS PORTAS E APAGAR A LUZ.
LOGO DE ALUMEAR AS PÁXINAS DO LIBRO COA LANTERNA
APARECÍAN AS LETRAS E AS FERMOSAS ILUSTRACIÓNS.
E ASÍ FOI COMO, AS ESCURAS, ESCOITAMOS
UN CONTO MOI BONITO SOBRE A LÚA.
Orde do día do martes 28 de abril
Ola a todos/as. Esta é a orde do día de hoxe:
Comentario da reunión de coordinación cos centros receptores
Correlingua A Pobra, número de alumnos e alumnas que van, organización...
Preparación letras galegas Campomaneiro
Memorias Voz Natura, data límite 30 de abril (enviar todas xuntas se queredes)
Arranxos das escolas
Foro Intrecras: organización de exposición por se alguén quere presentar algo, poñer 22 € por persoa, organización da ponencia e o debate
Protección Civil para plan de autoprotección
Deseño dos panos
Reserva de obra de teatro para facer en Rianxo con outros centros (por motivos económicos), para o vindeiro curso.
- APIs de Blogue
Reunión de coordenación cos centros receptores
Hoxe 27 de Abril terán lugar dúas reunións de coordenación entre titores/as do C.R.A. e titores e titoras dos centros receptores Brea Segade e Castelao.
O obxecto das reunións e mellorar todo o proceso de transición dos alumnos do C.R.A. aos centros receptores, tanto na toma de decisión a respecto da promoción, como no intercambio de información, como no traballo coordenado dos aspectos conductuais.
Máis información no enlace
REUNIÓN DE COORDENACIÓN C.R.A. DE RIANXO E CENTROS RECEPTORES CEIP CASTELAO E CEP BREA SEGADE
- APIs de Blogue
Coordenación titorial C.R.A. e centros receptores
Motivo da reunión: Nas reunións de coordinación de orientación na que participan os orientadores do C.R.A. e do C.E.I.P. Castelao e C.E.P. Brea Segade, vese a necesidade de establecer formas de comunicación entre os titores/as do C.R.A. e dos Centros Receptores ao obxecto de mellorar a transición dos alumnos/as. Consíderase que esta tarefa é urxente nos seguintes aspectos: os criterios de promoción e de permanencia no ciclo, a información que se traslada cos expedientes dos alumnos e alumnas, e o traballo dos hábitos e actitudes.
Con este motivo acordase convocar reunións de coordinación entre titorías e responsables de ciclos, coa seguinte proposta de datas, horarios e asuntos:
C.E.I.P. BREA SEGADE:
Luns 27 de Abril ás 11:15 horas
Participan
• C.E.I.P. Brea Segade: responsables de ciclo e titores/as de 1º, 2º e 3º
• C.R.A. de Rianxo titoras de Cuvide, Cruceiro (3º de E.I.) e Capela Primaria
• Orientadores dos dous centros
C.E.I.P. CASTELAO:
Luns 27 de Abril ás 16:00 horas
Participan:
• C.E.I.P. Castelao: responsables de ciclo e titores/as de 2º e 3º
• C.R.A. de Rianxo titoras de Pazo Primaria, Abuin, Rañó, Quintáns e Vacariza
• Orientadores dos dous centros.
ASUNTOS QUE SE PROPOÑEN:
• Criterios para a promoción de ciclo e para a permanencia un curso máis no ciclo
• Información nos Expedientes e información que se traslada
• Hábitos e actitudes.
OS ORIENTADORES DO C.E.I.P. CASTELAO, C.E.P. BREA SEGADE E C.R.A. DE RIANXO
En Rianxo a 22 de Abril de 2.009
- APIs de Blogue
A SESIÓN DE POLIDEPORTIVO DO 3º TRIMESTRE
Ó LONGO DESTA SEMANA ESTIVEMOS ESPERANDO A CHEGADA DO XOVES
CON MOITAS GANAS:
TIÑAMOS UNHA AXENDA MOI APRETADA.
E POR FIN CHEGOU, E FIXEMOS TODO, TODO O QUE ANOTÁRAMOS.
1º FOMOS Ó AUDITORIO DE RIANXO A VER/ULIR A EXPOSICIÓN "POR NARICES".
GUSTOUNOS ULIR DIFERENTES OLORES, MÁIS OS QUE ARRECENDEN, CLARO.
2º A SESIÓN DE POLIDEPORTIVO DO TERCEIRO TRIMESTRE:
SENTAMOS NO CÍRCULO CENTRAL, ESCOITAMOS ATENTAMENTE A JOSE, E... EMPEZAMOS:
LOGO DE TANTO EXERCICIO E UNHA MERENDA POLO MEDIO,
DESCANSAMOS E RELAXÁMONOS
CUNHA BONITA MELODÍA
COMO NOS GUSTA IR Ó POLI!!!
AMIGOS DE VACARIZA, PASÁMOLO MOI BEN XOGANDO CON VOS!!!
- APIs de Blogue
Banda deseñada na Biblioteca Municipal
O sábado 25 de Abril ás 11:00 da mañán terá lugar un Obradoiro de iniciación á Banda Deseñada.
Mais información na Web do Concello de Rianxo
- APIs de Blogue
A señora do pazo de Vista Real
OS RAPACES DE CRUCEIRO VISITAMOS UN LUGAR DE TARAGOÑA CHAMADO VISTA REAL.
CHÁMASE ASÍ PORQUE DENDE ESE LUGAR HAI UNHA FERMOSA VISTA DA RÍA.
Ó CHEGAR A VISTA REAL A AVOA DE ANDREA CONTOUNOS A HISTORIA DUNHA CAPELA QUE HAI ALÍ:
"MOI ANTIGAMENTE HABÍA UNHAS SEÑORAS MOI RICAS QUE TIÑAN MOITAS TERRAS.
CANDO IÁ APROXIMÁNDOSE O TEMPO DA COLLEITA DO MILLO, UNHA DAS SEÑORAS FOI MIRAR COMO ESTABAN AS LEIRAS LEVADA NUNHA ANDIA ( COMO LEVAN ÁS FIGURAS DOS SANTOS NAS PROCESIÓNS ! ) E, Ó VER QUE O MILLO DO ANO PASADO AÍNDA NON SE VENDERA E QUE HABÍA MOITO POR COLLER, DIXO:
" ORACIÓNS DE BURRO NON CHEGAN Ó CEO.
OGALLÁ VIÑESE UNHA TRONADA E ESTRAGARA TODA A COLLEITA "
DE REPENTE, FORMOUSE UNHA TRONADA TAN GRANDE QUE EMPEZOU A CHOVER DE TAL XEITO QUE CASE NON SON CAPACES DE CHEGAR A SÚA CASA, AÍNDA QUE ESTABA MOI PRETO.
IMPRESIONADA POLO QUE PASARA DECIDIU OFRECER A CONSTRUCIÓN DUNHA CAPELA.
A CAPELA FOI FEITA E DIN QUE SE DIXO MISA NELA ANTES DE QUE HOUBESE IGREXA EN TARAGOÑA.
CREMOS QUE A CAPELA TEN O NOME DE SAN XOÁN.
A BISAVOA DE ANDREA NON RECORDA DAR MISA ALÍ, E TEN XA 86 ANOS."
(TEXTO: FAMILIA DE ANDREA)
Reunión xeral do martes 21 de abril
A orde do día é a seguinte:
- Recollida de materiais varios
- Resposta á AMPA pola petición de premios das letras galegas
- Itinerancias
- Outros
Un saúdo
- APIs de Blogue
Sesión de Polideportivo 3º trimestre
A semana do 20 de abril iremos a Rianxo, primeiro visitaremos a exposición "Meter o nariz" no auditorio municipal. Logo iremos ao polideportivo para desenvolver unha sesión sobre desprazamentos, saltos, equilibrio, lanzamentos e recepcións.
Queda unha copia no casilleiro ou podedes descargar a sesión pinchando aquí
Esperamos pasalo moi ben
23 de Abril de 2.009. Tobías pon estas fotos:
- APIs de Blogue
UN NOVO AMIGO
ESTA PRIMAVERA,OS NEN@S DE PAZO TEMOS UN NOVO "AMIGO": UN PAXARIÑO VEU FACER O SEU NIÑO NUN BURATO DA PAREDE DA ESCOLA E, XA DEBERON DE NACER OS PAXARIÑOS NOVOS, PORQUE ENTRA ES SAE CONTINUAMENTE.
ESTAMOS MOI CONTENTOS DE QUE ELEXIRA A NOSA ESCOLA PARA FACER O NIÑO,ESPEREMOS QUE LLE GUSTE O SITIO E NON SE VAIA!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »