Escola de Cruceiro

MILLO

NO TEMPO DE APAÑAR O MILLO PETRA TRABALLOU TODO CANTO PUIDO NA CASA E NA ESCOLA....

DESTE FROITO CHEGADO DE AMÉRICA DESCUBRIMOS OS SEUS NOMES (REINA, MONTAÑÉS, DO PAÍS...) E OS SEUS SABORES.
CON ÉL XOGAMOS, IMPRIMIMOS E PINTAMOS. E AO CABO FIXÉMOLO REGRESAR Á TERRA, PARA QUE FORA DE NOVO FONTE DE VIDA

ARCIMBOLDOS

O OUTONO, COS SEUS FROITOS, TROUXO UN ANO MÁIS A ARCIMBOLDO

SEMANA DO CLIMA

PARA COMEZAR BEN O NOVO CURSO A  NOSA ANPA CONTOUNOS A LENDA DO COLIBRÍ.
CON ELA SOUBEMOS QUE CADA QUEN, GRANDE OU PEQUENO, FORTE OU DÉBIL, PODE FACER O SEU TRABALLO PARA COIDAR DO PLANETA TERRA E DO SEU CLIMA.
NÓS SOMOS TAMÉN COLIBRÍS,  CON ACREDITACIÓN DE COIDADORES E COIDADORAS  DO NOSO MUNDO! 

   
     
     
     

E COA ANPA MANIFESTAMOS TAMÉN O NOSO COMPROMISO PUBLICAMENTE

PATIAMARELAS DE SÁLVORA

NA ILLA DE SÁLVORA VIVEN CERCA DE 6000 PARELLAS REPRODUTORAS DE GAIVOTA PATIAMARELA.
A SÚA ÉPOCA DE CRÍA VAI DENDE ABRIL A PRIMEIROS DE AGOSTO. HABITUALMENTE POÑEN 2 OU 3 OVOS EN NIÑOS QUE FAN NO CHAN.  O MACHO E A FEMIA INTERCÁMBIANSE PARA CHOCAR OS OVOS E ALIMENTAR ÁS CRIAS. 

 NA VISITA A SÁLVORA TEMOS QUE LEMBRAR QUE ESE É O SEU MEDIO, O SEU ECOSISTEMA E HÁBITAT.
E RESPECTALAS SEMPRE, PERO MÁIS AÍNDA NO PERÍODO DE REPRODUCIÓN, CANDO DEFENDEN CON CELO AS SÚAS CRÍAS.

DE PASEO

UN BICHIÑO PEQUERRECHIÑO PASEA POLA FOLLA DA PLANTA DOS CARTOS QUE OBSERVAMOS CO MICROSCOPIO DA AULA.
O PASEANTE É UN INSECTO, SERÁ UN PULGÓN?

AVES

AMANCIO VEU Á ESCOLA A EXPLICARNOS A PEQUES E MAIORES CARACTERÍSTICAS E CURIOSIDADES DAS AVES.
NUNCA VIÑERA A VERNOS PERO XA ERA O NOSO AMIGO PORQUE, ENTRE OUTRAS, COMPARTIRA CON NÓS AS IMAXES DO PARRULO MANDARÍN QUE A FINAIS DO INVERNO ANDABA A BAÑARSE POR RIANXO,

GRAZAS, AMANCIO !

Distribuir contido