Celebracións
NADAL 2008
- APIs de Blogue
MAIO
Colocar ramos o primeiro de maio nas portas das casas, cortes, carros e agora coches, ven de moi antigo ( segundo nos contan foi prohibido no Concilio de Braga no ano 570 ).
Un ano máis moitas familias de Rianxo manteñen esta antiga tradición de poñer os maios nas súas casas, nos seus coches e tamén nas escolas dos seus fillos.
Noraboa por manter vivo este tesouro da nosa cultura e ... de hoxe nun ano!!
O ENTROIDO
ESTE ANO OS NEN@S DE PAZO FOMOS FESTEXAR O ENTROIDO A QUINTÁNS,XUNTO COS DE ABUÍN, RAÑÓ E VACARIZA .
FOI UN ENTROIDO DE MOITO MEDO POIS TODOS LEVABAMOS UNS DISFRACES "HORRIPILANTES" QUE FIXEMOS NÓS. MIRADE
- APIs de Blogue
UN ENTROIDO DE MEDO: A SANTA COMPAÑA
QUE É A SANTA COMPAÑA? (preguntounos Andrea-Cruceiro)
SABEMOS QUE A SANTA COMPAÑA É UNHA LENDA POPULAR GALEGA.
PARA ENTENDER O QUE É, OS NENOS E NENAS DE PAZO INFANTIL, CONTÁREMOSVOS UNHA HISTORIA:
FAI MOITOS ANOS, NOS TEMPOS DOS AVÓS DOS NOSOS AVÓS, NON HABÍA CARRETERAS NIN CAMIÑOS
ASFALTADOS NIN TAMPOUCO HABÍA FAROLAS QUE ALUMEARAN ESES CAMIÑOS COMA AGORA.
CANDO SE FACÍA DE NOITE, TODO QUEDABA ÁS ESCURAS (como cando faltou a luz no último temporal)
A XENTE QUE VIVÍA DAQUELA TIÑA QUE IR DUN LADO PARA OUTRO DE NOITE
(a levar un recado, ó muiño a moer, de volta para a casa logo de traballar todo o día,....)
PARA VER POR ONDE ÍAN LEVABAN FACHOS (manoxos de palla que ían encendendo).
O IR ANDANDO O FACHO MOVÍASE CANDA A PERSOA QUE O LEVABA.
OS QUE ESTABAN NAS ALDEAS VÍAN MOVERSE LUCES SOAS E COLLÍAN MOITO, MOITO MEDO.
TANTO QUE DERON EN CHAMARLLE A SANTA COMPAÑA.
DIN QUE ONDE SE VÍA MOITO A SANTA COMPAÑA ERA ENTRE O MONTE DA LEOIRA E O DA PENA
(debían ser as persoas que ían de Asados a Leiro, ou de Leiro a Asados polo monte, pois chegaban antes)
QUE TEN DE CERTO OU INVENCIÓN?
CADA QUEN QUE A CREA OU NON
HAI OUTRAS LENDAS OU INTERPRETACIÓNS, PERO A NÓS GÚSTANOS ESTA
ESTA É A NOSA CANCIÓN (A ORIXINAL É DE MAMÁ CABRA)
AQUÍ ESTAMOS OS DE PAZO
CO FOUCIÑO E A GADAÑA
DISPOSTOS A METER MEDO,
SOMOS A SANTA COMPAÑA
Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, mostros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.
(MAMÁ CABRA)
PARA DAR MOITO MEDO FIXEMOS UNHAS CARAUTAS TERRIBLES. E TAMÉN TEMOS UN FOUCIÑO E UNHA GADAÑA QUE LEVAREMOS A QUINTÁNS.
LOGO SABEREDES COMO NOS QUEDARON
UN ENTROIDO DE MEDO: FAUNOS
CANTIGA PARA CORRER O ENTROIDO DISFRAZADOS DE FAUNOS:
TIRULÍ. TIRULÁ,
TOCA, TOCA NO SEU OSO.
TIRULÍ, TIRULÁ.
AI, QUE MEDO DA!
SE VEDES UN FAUNO
CON PATAS DE CABRA
IDE PARA CASA.
QUE NINGUÉN LLE ABRA!
TIRULÍ. TIRULÁ,
TOCA, TOCA NO SEU OSO.
TIRULÍ, TIRULÁ.
AI, QUE MEDO DA!
SE VEDES UN FAUNO
CON FLAUTAS DE OSOS
IDE PARA CASA,
NON VOS DEIXE COXOS!
TIRULÍ. TIRULÁ,
TOCA, TOCA NO SEU OSO.
TIRULÍ, TIRULÁ.
AI, QUE MEDO DA!
SE VEDES UN FAUNO
FEITO DE PAPEL
NON LLE TEÑADES MEDO,
É O DE DANIEL!
TIRULÍ, TIRULÁ,
TIRULIRO, TIRULIRO,
TIRULÍ, TIRULÁ,
TIRULIROLIROLÁ.
( ESCOLA DO CRUCEIRO. ENTROIDO 2009)
Cancións do entroido 2009
BAILA, BAILA
Baila, baila, coa túa carauta
Baila, baila, Entroido lambón
Come filloas non deixes ningunha,
Come filloas Entroido lambón.
Canta, canta, coa túa carauta,
Canta, canta, Entroido lambón,
Come orellas non deixes ningunha,
Come orellas Entroido lambón.
EU QUÉROME DISFRAZAR
Eu quérome disfrazar (bis)
Collerei un nariz (bis)
E serei o paiaso Pin (bis)
Collerei unha pluma (bis)
E serei o indio Puma (bis)
Collerei unha escoba(bis)
E serei a bruxa tola (bis)
Collerei un gorriño(bis)
E serei un ananiño(bis)
Cada escola ten que facer unha estrofa para esta canción
OH GHAI GHAI
Oh ghai ghai, oh ghai ghai
O noso Entroido ven e vai
E ti e máis eu, eu máis ti,
Cantemos todos xuntos,
Oh ghai ghai! (Estribillo)
Xa chegou o Entroido, Entroido lambón,
A comer filloas, orellas e lacón,
Imos todos xuntos con esta cantiga
Rapaces e vellos encher a barriga.
Estribillo
Uns irán de flores e moitos de demos
Outros de animais e algúns de choqueiros
Pero todos xuntos queremos cantar
O canto do Entroido que é o mellor cantar
MUTETUS
Tran la lera, lera, lera la lera
Tran la lera, lera, lera lala. (Estribillo)
Os nenos do CRA
Pasámolo moi ben
Queremos ir ó Entroido
E comer tamén.
Estribillo
Cada escola ten que facer unha estrofa para esta canción
- APIs de Blogue
DIA DA PAZ
HOXE LEMOS UNHAS POESIAS QUE FALABAN DA PAZ.
TAMÉN LEMOS OS LIBROS "O HOMIÑO DE PAPEL" E "LA BIBLIOTECARIA DE BASORA".
DESPOIS FIXEMOS UNS DEBUXOS E UN CARTEL.
ESPERAMOS QUE ALGÚN DÍA TODOLOS NENOS E NENAS DO MUNDO SAIBAN O QUE É A "P A Z"
O MAGOSTO
Os nenos e nenas da Escola de Abuin celebramos a festa do Magosto en Rañó.
Fixemos moitos xogos. As castañas estaban moi ricas.
Pasámolo moi ben.
- APIs de Blogue
XA CHEGOU O SAN MARTIÑO
MIRAMOS OS XORNAIS
HOXE ESTIVEMOS MIRANDO MOITOS XORNAIS E TODOS TRAÍAN A MESMA NOTICIA REDACTADA DE DISTINTA MANEIRA, DESPOÍS FIXEMOS O NOSO TITULAR E SAIUNOS ASÍ:
UN DIA HISTÓRICO
O PRIMEIRO PRESIDENTE NEGRO QUE CHEGA A "LA CASA BLANCA"
4 DE NOVEMBRO : OBAMA DECLÁRASE O PRIMEIRO PRESIDENTE NEGRO NA HISTORIA DE ESTADOS UNIDOS.
PARABENS!!!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- seguinte ›
- última »