Actividades

UNHA TARDE XOGANDO NA AREA

Seguro que a vós tamén vos ten pasado o que lle pasou a Froilán, que foi dar un paseo á praia cos seus pais e esqueceuse de coller un caldeiro e unha pala para xogar, pero iso non foi incoveniente para que pasara unha tarde moi divertida xogando na area.

Froilán e a súa familia fixeron un xoguete cuns refugallos que atoparon na area:

Froilán quería xogar ós piratas e a pesar de non levar o seu barco pirata foi capaz, coa axuda dos seus pais, de chegar nun barco ata unha illa deserta na que agocharon un tesouro.

Atando uns paus cunha corda, facendo unha morea de area, poñendo aquí unhas algas, amarrando unha rede,...

Pouco a puco van facendo un barco e construíndo unha illa deserta.

Froilán e o seu pai remataron a súa illa de piratas para poder disfrutar dunha tarde de xogo na praia; pero sen decatarse, xa estiveran xogando mentras estiveran construíndo a súa escultura na area.

Despois de navegar moitos días no noso barco pirata, por un mar cheo de ondas, chegamos a unha illa deserta.
É hora de xogar e de enterrar o noso tesouro pirata!!!!!!

Agora sabemos que aínda que non levemos a pala e o caldeiro para a praia podemos xogar igual, e divertirnos aínda máis, poi non hai xoguete máis importante que a nosa imaxinación e a axuda dos demais como poden ser os nosos pais, irmáns, avós, amigos ou profes.


Despois de xogar toda a tarde, e enterrar o noso tesouro pirata, non debemos de esquecernos de recoller os xoguetes como faríamos se levasemos a nosa pala e o noso caldeiro.


Temos que deixar na praia as cousas que pertencen á praia e que non a lixan nin poden lastimar ós animais que viven no mar; e debemos de tirar ó lixo os obxectos que non pertencen á praia e que a poden contaminar e lastimar ós peixes.

( Texto e imaxes: familia de Froilán)

UN CONCERTO MOI ESPECIAL NA ESCOLA DE PAZO

HOXE FOI UN DÍA ESPECIAL NA ESCOLA DE PAZO...


TIVEMOS A SORTE DE PODER ESCOITAR UN CONCERTO DA


ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO. E INVITAMOS AS NOSAS FAMILIAS...


E AQUÍ ESTAMOS AGARDANDO IMPACIENTES A QUE EMPEZASE


 


E UNHA VEZ PREPARADOS OS MÚSICOS, RUBÉN PRESENTANOS


A OBRA QUE VAMOS ESCOITAR.


                                                 


AQUÍ PODEDES VER A ANTÓN, SARELA, RAFA, FRAN E SABELA, OS MÚSICOS E MÚSICAS


QUE NOS INTERPRETARON " A FRAUTISTA DE HAMELÍN" COS SEUS INSTRUMENTOS:


 TECLADO, CLARINETE BAIXO, SAXOFÓN, CLARINETE E FRAUTA TRAVESEIRA


                       


                                                        


                        


E COMO NOS GUSTOU ESCOITALOS!!!


                                             


E SE PARA TODOS NOS FOI UN DÍA MOI ESPECIAL,


PARA ZOE MOITO MÁIS, POIS O SEU PAI VIÑA A TOCAR Á SÚA ESCOLA.


                                                       


E REMATAMOS DÁNDOLLES UN FORTE APLAUSO.


                                         


 VOLVEDE CANDO QUEIRADES!!!

APRENDENDO DOS PAPÁS

OS NOSOS COMPAÑEIROS DO CEIP DE SIGÜEIRO PEDÍRONNOS INFORMACIÓN SOBRE TRABALLOS DO MAR.
PARA PODER DISPÓR DE DATOS DE PRIMEIRA MAN CONTAMOS COA AXUDA DOS PAPÁS E AS MAMÁS.
A MAMÁ DE SERGIO VEU EXPLICAR COMO É O TRABALLO NUNHA CONSERVEIRA. O PAPÁ DE BREOGÁN CONTOUNOS CALES SON AS TAREFAS NUNHA BATEA.
O PAPÁ DE RODRIGO MANDOUNOS DENDE O BARCO UN CORREO ELECTRÓNICO:
"ola chicos,que tal?son o papa de Rodrigo Rivademar e mandovos unhas fotos do barco no que traballo.Fixadevos na primeira foto e comparade o barco e as casas...que, é grande ou non?. Xa sabedes,si tendes algunha curiosidade sobre o barco(Rodrigo chamalle "o barquiño de papi")podedeslle preguntar a Rodrigo que seguro vos pode dar todo luxo de detalles,sin mais,desexarvos que teñades un bo dia.
Un bico e un abrazo para todos especialmente para Rodrigo Rivademar.CHAO,CHAO"
 
GRAZAS, PAPIS, POR NOS APRENDER TANTAS COUSAS!!!

FAMILIAS

ACOMPAÑÁRONOS DURANTE TODO O CURSO.

COLABORARON COA ESCOLA SEMPRE QUE SE LLES PEDIU E POIDEMOS COMPARTIR CON ELAS A TAREFA DE EDUCAR ÓS SEUS FILLOS E NETOS.

CON ESTAS POUCAS IMAXES  (HABERÍA MOITAS MÁIS...) QUEREMOS DEIXAR CONSTANCIA DA SÚA COLABORACIÓN.

    

A MAXIA CHEGA Á BIBLIOTECA DO C.R.A. DE RIANXO

OLA NENOS E NENAS DO C.R.A!!

COMO XA VOS CONTARÍAN AS PROFES PARA A PRÓXIMA SEMANA VOLVEREDES A VISITAR A BIBLIOTECA DO NOSO C.R.A.

¿QUEREDES QUE VOS CONTE UN SEGREDO? O NOSO AMIGO DANIEL PASOU POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PARA DARME UNS CONSELLOS E QUE ASÍ TODOS E TODAS O PASEMOS MOI BEN...

PERO NON SÓ ISO... TAMÉN ME DEIXOU UNHA BOLSIÑA E UNHA MENSAXE!!

COMO NON ME DABA A PACIENCIA DE ESPERAR AO LUNS PARA SABER O QUE ERA ABRINA!! E SABEDES QUE ATOPEI ALÍ... UNHA MOEDA E UNS POLVIÑOS CUNS PODERES ESPECIAIS!! ¿¿SABEDES QUE PODERES SON?? POIS CERRANDO OS OLLOS E APRETÁNDOA NA MAN MOI MOI FORTE CONCÉDENOS UN DESEXO, ¿SABEDES CAL? A MAXIA DOS CONTOS!! 

¿¿SABEDES UNHA COUSA MÁIS?? EU PENSEI QUE ERA MENTIRA!! ¿COMO ÍA SER VERDADE ESO DA MAXIA DOS CONTOS?? PERO.... CERREI OS OLLOS E APRETEI A MOEDA MOI, MOI FORTE!! E AGORA... A BIBLIOTECA DO C.R.A. DE RIANXO ESTÁ CHEA DE MAXIA!!!

ESPÉROVOS A TODOS E TODAS PARA COMPARTIR A MAXIA DOS CONTOS!! 

CONVIDACIÓN

 

A Banda da Escola de Música de Rianxo,

a Asociación Cultural-Musical
Solfa,

a Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia,

a Banda
Infantil de Merza e a Banda de Música de Arca

teñen o pracer de
convidarvos ao

Concerto da Banda Xuvenil e da Banda Sinfónica de
Musigalizando
:

•Día 17 de outubro ás 20h00 no Auditorio de Rianxo

" CONTA COMIGO "

 
   
O xoves día 1 de outubro realizouse na Biblioteca Municipal de Rianxo unha sesión de dinamización lingüística dirixida ás familias.
A actividade, enmarcada dentro da campaña "O mundo en galego" da Secretaría Xeral de Política Lingüística e OQO Editora, tivo tanto éxito que se chegou a abrir unha lista de espera entre as familias solicitantes.
   

Se estás interesado nesta nova pincha aquí

"ANIMAR A LER DESDE A CASA"

O mércores 30 de setembro desenvolveuse na Biblioteca Municipal de Rianxo a sesión " Animar a ler desde a casa " dentro da campaña " O mundo en galego " promocionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e OQO Editora.

Un bo grupo de mamás, algún papá e tamén algunhas profes ( na imaxe podedes ver a "delegación" do C.R.A. ) achegámonos ata alí para disfrutar coa maxia da palabra.

Escoitamos,cantamos, contamos,... 

Marchamos co sorriso prendido nos beizos e a ilusión na mirada.

...E levámolos para casa.

 

ENCONTRO CON CONCHA BLANCO, BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIANXO

Sábado día 4 de Abril

Na Biblioteca Municipal de Rianxo, no Pazo de Martelo

Ás 12 da mañán

 

Dentro das actividades programadas para a Campaña Abril mes dos libros, a Biblioteca Municipal de Rianxo organiza este encontro coa escritora Concha Blanco.  O enconto vai dirixido sobre todo ao público infantil mais é aberto a que desexe participar nesta actividade de animación á lectura.

Concha Blanco é profesora no Instituto Agra de Raices de Cee e é escritora de literatura infantil e xuvenil. É autora de entre outros títulos:

  •  Contos para a escola, 1981
  • Cousiñas para a escola, 1984
  • A vaca titiriteira, 1991
  • A bruxiña da sorte, 2.005
  • Poemas para pintar, 2.006

HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES

   

Onte ás 18:00, celebrouse como estaba previsto a charla sobre Hábitos Alimenticios na Infancia organizada conxuntamente polo Departamento de Prevención das Drogodepencias do Concello de Rianxo e polo Departemento de Orientación do C.R.A. de Rianxo. 

A dietista Gema,  con exemplos e referencias a situacións da vida cotidiana, expuso os principios básicos dunha alimentación saudable na Infancia e que podemos resumir en educar aos nenos e nenas a comer e ben e en procurar unha dieta alimenticia variada e equilibrada, base dunha alimentación saudable. A partir dos 18 - 24 meses o neno é capaz de incorporar á súa dieta todos os alimentos nas súas variadas formas de presentación propias da alimentación adulta. A partir desta idade é capaz de recoñecer os alimentos polo seu sabor, olor, color e forma e é neste momento cando comeza a elexir que elementos quere cas non.

A educación alimentaria dos nenos e nenas nesta etapa debe dirixirse pois a conseguir neles uns hábitos alimentarios que incluan un consumo equilibrado  e  variado de todos os alimentos base da alimentación saudable.

Como consellos concretos Gema propuso:

  1. Non ao uso do biberón e do chupete a partir dos 18-24 meses
  2. Horarios estables e fixos para as comidas
  3. Comer todos á mesma comida, evitando, comidas especiais, "para o neno"
  4. Evitar a tele á hora das comidas.
  5. Planficar para  a xornada diaria cinco inxestas: almorzo, tenteempé da mañán, comida, tenteempé da tarde e cea.
  6. O almorzo debe ser unha das comidas principais e deben incluir todos os grupos alimentarios: lacteos, cereais e froita.
  7. A comida debe incluir tres pratos:
    1. arroz, pastas, verduras, sopa  ..
    2. carne, peixe ou ovos
    3. froitas variadas ou lacteos.
  8. A cea deberá incluir tamén dous pratos, mais leviás cá na comida
  9. Nos tenteempés debe evitarse un exceso de inxesta de alimentos que afecten o apetito dos nenos/as á hora da comida ou da cea.
  10. Evitar o abuso de lácteos.
  11. En resumo será equilibrada aquela dieta, que se reparta en:
    1. un 50% de hidratos de carbono
    2. un 30% de graxas
    3. un 20% de proteinas

Gema insistiu na dieta variada, en todos os seus grupos alimenticios: lacteos, legumes, froitas, carnes e peixes e na necesidade dunha adecuada educación alimentaria dos nenos/as que supón sobre todo evitar as conductas alimentarias caprichosas, cauas na idade adulta de moitas enfermedades.

A charla resultou amáis de interesantes, moi agradable con participación e  intevencións dos pais e nais asistentes.

Tobías Betanzos Rego

Asados 18 de Marzo de 2.009

Distribuir contido