UNHA TARDE XOGANDO NA AREA

Seguro que a vós tamén vos ten pasado o que lle pasou a Froilán, que foi dar un paseo á praia cos seus pais e esqueceuse de coller un caldeiro e unha pala para xogar, pero iso non foi incoveniente para que pasara unha tarde moi divertida xogando na area.

Froilán e a súa familia fixeron un xoguete cuns refugallos que atoparon na area:

Froilán quería xogar ós piratas e a pesar de non levar o seu barco pirata foi capaz, coa axuda dos seus pais, de chegar nun barco ata unha illa deserta na que agocharon un tesouro.

Atando uns paus cunha corda, facendo unha morea de area, poñendo aquí unhas algas, amarrando unha rede,...

Pouco a puco van facendo un barco e construíndo unha illa deserta.

Froilán e o seu pai remataron a súa illa de piratas para poder disfrutar dunha tarde de xogo na praia; pero sen decatarse, xa estiveran xogando mentras estiveran construíndo a súa escultura na area.

Despois de navegar moitos días no noso barco pirata, por un mar cheo de ondas, chegamos a unha illa deserta.
É hora de xogar e de enterrar o noso tesouro pirata!!!!!!

Agora sabemos que aínda que non levemos a pala e o caldeiro para a praia podemos xogar igual, e divertirnos aínda máis, poi non hai xoguete máis importante que a nosa imaxinación e a axuda dos demais como poden ser os nosos pais, irmáns, avós, amigos ou profes.


Despois de xogar toda a tarde, e enterrar o noso tesouro pirata, non debemos de esquecernos de recoller os xoguetes como faríamos se levasemos a nosa pala e o noso caldeiro.


Temos que deixar na praia as cousas que pertencen á praia e que non a lixan nin poden lastimar ós animais que viven no mar; e debemos de tirar ó lixo os obxectos que non pertencen á praia e que a poden contaminar e lastimar ós peixes.

( Texto e imaxes: familia de Froilán)

ENCANTOUNOS MOITO A TUA

ENCANTOUNOS MOITO A TUA HISTORIA  E HAI QUE RECOLLER BEN O LIXO COMO FIXECHES TI. MOITOS BICOS,FROILAN QUEREMOSCHE MOITO. FINCanso