"ANIMAR A LER DESDE A CASA"

O mércores 30 de setembro desenvolveuse na Biblioteca Municipal de Rianxo a sesión " Animar a ler desde a casa " dentro da campaña " O mundo en galego " promocionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e OQO Editora.

Un bo grupo de mamás, algún papá e tamén algunhas profes ( na imaxe podedes ver a "delegación" do C.R.A. ) achegámonos ata alí para disfrutar coa maxia da palabra.

Escoitamos,cantamos, contamos,... 

Marchamos co sorriso prendido nos beizos e a ilusión na mirada.

...E levámolos para casa.

 

que boa a sesión, debería

que boa a sesión, debería haber máis encontros deste tipo

Estás no certo

Creo que estás no certo. Sesións coma a de onte axúdannos a  nos reencontrar ( se é que algunha vez nos perdimos no camiño) coa literatura. Coa literatura para pequenos e para maiores, coa literatura oral e a escrita, coa tradicional e a actual,...

Pero quizais non faría falla esperar a que cheguen campañas de dinamización das Administracións. Quizais poderíamolas organizar nós mesmos nas nosas escolas, na Biblioteca municipal,...

Habería que plantexalo!

Un saúdo.

Sol, mestra da Escola de Cuceiro.

( P.D.: Os comentarios enviados polos familias ou " visitantes" do portal sempre aparecen enviados por "anónimo". A próxima vez que colabores enviando un comentario non deixes de pór o teu nome, así saberemos quen es )

ANIMAR A LER DESDE A CASA

Claro que si, témonos que felicitar por ter compartido un encontro arredor da palabra. A aventura de oir! Descubrir o poder de seducción desa palabra ritmada,arrolada, cantada, recitada, contada, rica en matices e envolta en afectos que se incrusta na memoria ligada a estructuras e formas da tradición oral; coma sen darnos conta foron saindo pequenos recitados ou cantadelas que estaban adormecidos no noso interior; con múltiples variantes, nun ambiente distendido e pracentero puidémolos compartir. Ogallá que as paredes da Biblioteca se fagan elásticas pola presión de albergar a milleiros de persoas dispostas a seducir e a deixarse seducir pola maxia da palabra. Un oñiuqib que é.... un biquiño do revés María Rodríguez León, profesora de apoio.